Saltar ao contido

Imager for Magnetopause-to-Aurora Global Exploration

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «IMAGE»)
IMAGE (Imager for Magnetopause-to-Aurora Global Exploration) / Explorer 78
Diagrama de IMAGE.
TipoObservación terrestre.
OrganizaciónNASA
Satélite deTerra
Data de lanzamento25 de marzo de 2000[1][2][3]
Foguete portadorDelta II 7326[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][5]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera terrestre.[2][5]
NSSDC ID2000-017A
Masa536 kg[2][4]
Dimensións2,25 metros de diámetro por 1,52 metros de longo.
Potencia250 vatios[2][5]
Datos orbitais
Semieixo maior29.815,4 km[1]
Inclinación93,1 graos[1]
Apoapse46.248,4 km[1]
Periapse640,4 km[1]

IMAGE (acrónimo de Imager for Magnetopause-to-Aurora Global Exploration), tamén coñecido como Explorer 78, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 25 de marzo de 2000 mediante un foguete Delta II desde a base Vandenberg da Forza Aérea. IMAGE pertence ó programa MIDEX, englobado dentro do programa Explorer.[2][4]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión de IMAGE foi estudar o comportamento da magnetosfera terrestre ante as variacións do vento solar. As áreas de estudo do satélite inclúen a identificación dos mecanismos de inxección do plasma na magnetosfera durante as tormentas magnéticas, medi-la resposta da magnetosfera ante cambios no vento solar e estudar o modo en que o plasma da magnetosfera é enerxizado, transportado e perdido durante as tormentas e subtormentas magnéticas. IMAGE medía 2,25 metros de diámetro por 1,52 metros de longo.[2][4]

O satélite deixou de funcionar o 18 de decembro de 2005, cando se deixou de recibir a súa telemetría debido a un problema eléctrico a bordo.[2][4]

Unha aurora polar vista por unha das cámaras ultravioleta de IMAGE.

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

IMAGE levaba a bordo tres cámaras de átomos neutros capaces de medi-la enerxía e composición de átomos con enerxías de entre 10 e 200 eV cunha resolución temporal de 300 segundos. Ademais portaba dúas cámaras ultravioleta para o rango de lonxitudes de onda entre 120 e 180 nanómetros e para a banda dos 30,4 nanómetros, e un radar de baixa potencia operando a lonxitudes de onda de radio de entre 3 kHz e 3 MHz.[2][4]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "IMAGE" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 NASA (4 de novembro de 2011). "IMAGE" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 
  3. "Note verbale dated 2 November 2000 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (01-80466(E)). 25 de xaneiro de 2001: 7. Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Explorer: IMAGE (MIDEX 1)" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Mark Wade (2011). "IMAGE" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2012.