Saltar ao contido

I Now Pronounce You Chuck and Larry

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

I Now Pronounce You Chuck and Larry
Ficha técnica
Título orixinalI Now Pronounce You Chuck and Larry
DirectorDennis Dugan
GuiónBarry Fanaro
Alexander Payne
Jim Taylor
IntérpretesAdam Sandler
Kevin James
Jessica Biel
Dan Aykroyd
Ving Rhames
Steve Buscemi
Estrea2007
Duración110 min.
OrixeEstados Unidos
XéneroComedia
Na rede
http://www.chuckandlarry.com/
IMDB: tt0762107 Filmaffinity: 301465 Allocine: 110195 Rottentomatoes: m/i_now_pronounce_you_chuck_and_larry Mojo: chuckandlarry Allmovie: v352254 TCM: 647207 Metacritic: movie/i-now-pronounce-you-chuck-larry TV.com: movies/i-now-pronounce-you-chuck-and-larry Netlix: 70058028 Editar o valor en Wikidata

I Now Pronounce You Chuck and Larry é un filme estadounidense do xénero comedia, protagonizado por Adam Sandler. O filme fai unha crítica sutil á actual situación dos homosexuais nos Estados Unidos, aínda que con moitos tópicos.[1] A Conferencia Católica de Bispos dos Estados Unidos categorizouno de "Moralmente Ofensivo"."[2]

Chuck Levine (Adam Sandler) e Larry Valentine (Kevin James) son dous membros do Corpo de Bombeiros do Brooklyn, sendo tamén bos amigos. Chuck promételle calquera cousa a Larry por terlle salvado a vida un día no traballo, e Larry, viúvo, preocupado polos problemas legais de non dar feito que os seus fillos aparezan como beneficiarios do seu seguro de vida, decide pedirlle matrimonio a Chuck. Este, a pesar de ser moi mullereiro, acepta, mais despois, tense que ir vivir con Larry e aparentar que son homosexuais pois a súa unión está sendo investigada e poden acabar na cadea.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2009. Consultado o 23 de xaneiro de 2011. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2011. Consultado o 23 de xaneiro de 2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]