I Want to Destroy Something Beautiful
«I Want to Destroy Something Beautiful» | ||
---|---|---|
de Josh Woodward | ||
do álbum Dirty Wings | ||
Lanzamento | 2007 | |
Formato | ||
Gravada | ||
Xénero musical | ||
Lingua(s) | Inglés | |
Duración | ||
Discográfica | ||
Produtor(es) | ||
Escritor(es) | ||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"I Want to Destroy Something Beautiful" (en galego, "Quero destruír algo fermoso") é unha canción pop[1] en inglés composta polo estadounidense Josh Woodward. Está incluída no seu álbum Dirty Wings do 2007, interpretada polo compositor.
A canción ten unha temática escura. Na letra, o narrador semella estar a piques de estalar nun ataque de ira, probablemente por algo que dixo ou fixo a persoa que está con el, á que chama “dear” («cariño»). Isto explícase nos primeiros versos, mentres que o resto da canción consiste no narrador divagando arredor da idea de «destruír algo fermoso».
A letra da canción lembra inevitablemente ao filme Fight Club, en que o protagonista se expresa dunha forma similar, mesmo utilizando as mesmas palabras nalgúns casos.
Letra
[editar | editar a fonte]- My dear, I'll give you sixty seconds to disappear
- And if you don't get out of here... who knows?
- Cuz I've been trying to find out if an angel bends or breaks
- Or shatters like a stone
- I... I want to destroy something beautiful
- For you, I want to destroy for you
- Tonight, there's only an inch between pain and delight
- And I'm full of Canadian whiskey and spite again
- Destruction and creation are the same thing after all
- The mighty always fall
- I... I want to destroy something beautiful
- For you, I want to destroy for you
- Destruction and creation are the same thing after all
- The mighty always fall
- I... I want to destroy something beautiful
- For you, I want to destroy something beautiful
- For you, I want to destroy for...
Tradución
[editar | editar a fonte]- Cariño, douche sesenta segundos para desaparecer.
- E se non saes de aquí... non respondo,
- porque estiven intentando descubrir se os anxos dobran, rompen,
- ou fanse anacos coma as rochas.
- Que... Quero destruír algo fermoso.
- Para ti, quero destruír para ti.
- Esta noite, entre a dor e o goce só hai unha polgada,
- e volvín encherme de whisky canadense e resentimento.
- A destrución e maila creación sonche a mesma cousa, a fin de contas.
- Os poderosos sempre caen.
- Que... Quero destruír algo fermoso.
- Para ti, quero destruír para ti.
- A destrución e maila creación sonche a mesma cousa, a fin de contas.
- Os poderosos sempre caen.
- Que... Quero destruír algo fermoso.
- Para ti, quero destruír algo fermoso.
- Para ti, quero destruír para...
Licenza
[editar | editar a fonte]"I Want to Destroy Something Beautiful" está protexida pola licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 Estados Unidos de América[2]. Por tanto, considérase música libre[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Páxina da gravación do tema en Jamendo.
- ↑ Política de distribución de Josh Woodward
- ↑ Licenza Creative Commons Recoñecemento 3.0 Estados Unidos Arquivado 01 de setembro de 2010 en Wayback Machine..