Saltar ao contido

Iago Tabarés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIago Tabarés
Biografía
Nacemento1969 Editar o valor en Wikidata (54/55 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm3180505 Facebook: iago.tabares Twitter: nonchesei1 Editar o valor en Wikidata

Iago Tabarés Pérez-Piñeiro, nado en Ourense en 1969, é un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020.

Licenciouse en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e exerceu na súa cidade natal. Militante do Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista, integrado na época no BNG, foi concelleiro en Ourense de 2003 a 2005 e deputado no Parlamento de Galicia entre 2005 e 2009. Tras a morte de Xosé Henrique Rodríguez Peña en 2006 o PNG-PG elixiuno o seu secretario xeral, posto que mantivo ata 2011. Deixou o BNG canda o seu partido en 2012 pero en 2017 volveu de novo á fronte.[1] Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 encabezou a candidatura do BNG na provincia de Ourense, como xa fixera en 2008. Nas autonómicas de 2020 foi o número 2 da candidatura do BNG pola provincia de Ourense e foi elixido deputado do Parlamento de Galicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]