Ian Wiséhn
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de setembro de 1951 |
Morte | 27 de outubro de 2020 (69 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia. |
Coñecido por | Ex-director do Kungliga Myntkabinettet. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Premios | |
(2006): Medalla Gunnar Holst. |
Kent Ian Bertil Wiséhn, nado en 1951, é un numismático sueco, exdirector do Gabinete Real de Moedas de Estocolmo (Kungliga Myntkabinettet).[1][2]
Wiséhn e os roubos no Kungliga Myntkabinettet[editar | editar a fonte]
Durante o período da súa dirección do Gabinete Real de Moedas, en 2013, producíronse uns roubos de moedas e medallas por valor de varios millóns de coroas. Nas investigacións levadas a cabo en 2017, Wiséhn confesou a súa participación nestes feiros, polos que foi procesado e condenado.[3][4]
O propio Ian Wiséhn participou na serie documental dirixida por Åsa Blank titulada Guldfeber: stölderna på Kungliga Myntkabinettet ("Febre do ouro: os roubos no Gabinete Real de Moedas), da canle SVT en abril de 2020. Nela, admite algúns dos roubos no Gabinete, aínda que afirma que na súa confesión de culpabilidade actuou baixo presión.[5]
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
- (2006): Medalla Gunnar Holst , da Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik , de Gotemburgo , Suecia .[6]
Escolma de publicacións[editar | editar a fonte]
- (1982). Myntfynd från Östergötland (con B. Malmer). Kungliga Myntkabinettet, Estocolmo. ISBN 9789171925145
- (1987). Numismatiska forskare och myntsamlare i Sverige fram till 1830-talet (con E. Nathorst-Böös). Svenska numismatiska föreningen, Estocolmo. ISBN 9789185204113
- (1993). Myntfynd från Ångermanland (con B. Malmer). Kungliga Myntkabinettet, Estocolmo. ISBN 9789171925497
- (1995). Myntningen i sverige, 995-1995 (con K. Jonsson et al.). Svenska numismatiska föreningen, Estocolmo. ISBN 9789185204168
- (1995). Att samla mynt, sedlar och medaljer (con U. Schenkmanis Ulf). Ica. Libris länk, Västerås. ISBN 9789153416470
- (1998). Christian Jürgensen Thomsen: 1788-29. december - 1988 (con C. Jürgensen et al.). Nordiske Oldskriftselskab, Copenhague. ISBN 9788787483117
- (1990). Myntfynd från Dalarna. Kungliga Myntkabinettet, Estocolmo. ISBN 9789171928061
- (2012). Sedlar i beredskap: Sveriges pengar i kristider (con M. Widell). Kungliga Myntkabinettet, Estocolmo. ISBN 9789189256538
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Wiséhn, Ian, 1951-". Libris.kb.se
- ↑ "Wiséhn, Ian, 1951-". Alvin-portal.org
- ↑ "Skandalen på skattkammarkabinettet". Michaeltapper.se
- ↑ "Och då var det en man nere i Alingsås …". Myntbloggen.se
- ↑ "Guldfeber - stölderma på Kungliga Myntkabinettet". Svtplay.es
- ↑ Svensk Numismatisk Tidskrift. I. Febreiro de 2007. Páxina 13.