Saltar ao contido

Ibon Areso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIbon Areso

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Bilbao
21 de marzo de 2014 – 12 de xuño de 2015
← Iñaki Azkuna UrretaJuan María Aburto → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, arquitecto Editar o valor en Wikidata
Partido políticoEuzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco Editar o valor en Wikidata

Ibon María Areso Mendiguren, nado en Bilbao o 20 de maio de 1944, é un arquitecto e político vasco, membro do Partido Nacionalista Vasco.

Biografía

[editar | editar a fonte]

En xuño de 1991 foi elixido concelleiro no concello de Bilbao e o entón alcalde Josu Ortuondo nomeouno responsable da Área de Urbanismo e Medio, exercendo tamén o cargo de Tenente de Alcalde. Foi membro da corporación municipal ata xuño de 2015.

En marzo de 2014 foi nomeado alcalde da vila de Bilbao tras a morte do anterior, Iñaki Azkuna. Antes do falecemento de Azkuna, foi Concelleiro Delegado da Área de Urbanismo e Coordinador de Políticas de Planificación Urbana no citado concello.[1]

  1. "Biografía". bilbao.net. Consultado o 25 de decembro de 2014. 
Predecesor:
Iñaki Azkuna

Alcalde de Bilbao

21 de marzo de 2014 - 12 de xuño de 2015
Sucesor:
Juan María Aburto