Saltar ao contido

Ideal Gallego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ideal Gallego
PaísCuba
LugarA Habana
Lingualingua castelá
Fundación1926
Primeira edición1926
Última edición1930
Na rede
Galiciana: 577343
editar datos en Wikidata ]
Non confundir con El Ideal Gallego da Coruña.

Ideal Gallego foi un periódico editado na Habana de 1926 a 1930.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Paladín de la cultura, defensor de la colonia gallega de Cuba y órgano oficial del Comité Representativo de las Sociedades Gallegas de Instrucción (do número 55 ao 101), apareceu en 1926. Foi decenal, e despois quincenal e semanal. Dirixido por José María Sánchez Brea, con Celso Enríquez Balsa como subdirector (no 93-102), o xefe de redacción era José Rodríguez Miranda, despois susbtituído por Rafael Romano Gracia, o director artístico Ramón González, substituído a partir do número 92 por U. Rodríguez Rivas, e o administrador Benjamín Martínez. Manuel Mariño foi un dos redactores. Entre os seus colaboradores figuraban: Enrique Zas, Jorge Mañach, Fuco Gómez, Mariano Roibás Cordero, Salvador Salazar, José Fradera, Arturo Doreste, Secundino Baños, Wenceslao Gálvez, Adolfo Anta Espino e Germinal Barral. A partir de agosto de 1928 pasou a ser revista mensual, na que se publicaba crítica musical e teatral, novas sociais e literatura. Cesou a súa publicación en maio de 1930.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]