Iecava
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Letonia | |||
Concello | Municipio de Bauska | |||
Poboación | ||||
Poboación | 5.343 (2024) (383,56 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 13,93 km² | |||
Bañado por | Iecava River (en) | |||
Altitude | 21 m | |||
Creación | 1 de xullo de 2021 | |||
Latvian toponymic names database ID (en) | 3434 | |||
Páxina web | iecava.lv |
Iecava (en letón Iecava, en polaco Ekawa) é unha cidade de Letonia. Forma parte da rexión administrativa de Zemgale, no Municipio de Bauska, antes de pertencer a Bauska, reorganización aprobada no ano 2021, ocupou o seu propio rango de Municipio de Iecava. Ocupa veciñanza coa capital do país ao localizarse a 46 km de Riga. O parque principal da cidade acolle o maior número de niños de corvos do país.
Historia
[editar | editar a fonte]Iecava foi un dos campos de batalla entre tropas rusas e prusianas baixo o mando de Napoleón durante o seu intento de invasión ao Imperio Ruso. Na primeira guerra mundial voluntarios fineses achegaron en Iecava suficiente artillaría para conter o ataque do xeneral Radko Dimitriev contra tropas alemás. [1] Na vila hai un cemiterio formado por 1116 tumbas de soldados soviéticos caídos alí en batalla no ano 1944. [2]
Economía
[editar | editar a fonte]A industría avícola e en concreto a produción de ovos, con case dous millóns ao día lideran a economía en Iecava. Balticovo posúe a súa factoría nos lindes da vila. [3]