Iepen Fryske Kampioenskippen Skûtsjesilen
Tipo | organización |
---|---|
Localización e Datas | |
País | Países Baixos |
Iepen Fryske Kampioenskippen Skûtsjesilen (IFKS) é unha asociación frisoa formada o 19 de decembro de 1981 en Hindeloopen, o seu principal labor é organizar unha competición de skûtsje, unha variedade frisoa do tsjalk. A IFKS xurdiu como consecuencia e en protesta da decisión que tomou en 1979 a Sintrale Kommisje Skûtsjesilen (SKS) de limitar a súa competición a 14 navíos [1].
Historia
[editar | editar a fonte]A IFKS organizou de 1982 a 1984 a súa competición nunha soa clase na que loitaban todos os skûtsje participantes. En 1985 introduciuse unha clase B e implantouse un sistema de descenso e promoción que levaba a que os tres últimos participantes na clase A baixasen á clase B e os tres primeiros desta ascenderan á A. En 1993, debido ao aumento dos candidatos a participar, estableceuse unha clase C e en 1995 unha clase especial para os navíos máis pequenos, os dunha lonxitude máxima de 17.1 metros. O gañador da clase B pequena pode pasar á clase A, así o fixo o gañador de 1997, Peter de Koe. En 1999 a clase B dividiuse en clase B1 e B2, o que permitiu aumentar o número de participantes. En 2002 volveuse ao sistema de catro clases (A, B, C e A pequena)
Competición
[editar | editar a fonte]A asociación organiza sete regatas organizados por seis comités locais na terceira e última semana da Bouwvakvakantie, período de vacacións nos Países Baixos nos que pechan as industrias da construción, e despois da competición da SKS.
lugar | día |
---|---|
Hindeloopen | sábado |
Starum | luns |
Heech | martes |
Sleat | mércores |
Ychtenbrêge | xoves |
De Lemmer | venres |
De Lemmer (final) | sábado |
Gañadores da clase A
[editar | editar a fonte]Capitán | Número | Nome do skûtsje | Campión en |
---|---|---|---|
Nico Hoek | Lutgerdina Smeltekop | 1982 - 1983 | |
Age Bandstra | Hoop op Welvaart | 1984 - 1986 - 1991 - 1992 | |
Jan Bakker | Hollandse Nieuwe | 1985 | |
André Hoek | Oeral Thús | 1987 | |
Jan de Boer | Twee Gebroeders | 1988 | |
Eldert Sietesz Meeter | Vriendschap | 1989 - 1990 | |
Sieb Meijer | Jonge Jasper | 1993 - 1996 - 1998 - 1999 | |
Jitse Grondsma | Woeste Oane | 1994 - 1995 | |
Tony Brundel | Lytse Lies | 1997 - 2005 - 2006 - 2008 | |
Jacob Huisman | Ut 'e striid | 2000 - 2001 | |
Eelke Dijkstra | Oude Zeug | 2002 - 2003 | |
Jeroen de Vos | Eelkje II | 2004 | |
Walter de Vries | Goede Verwachting | 2007 | |
Jelle Talsma | De Jonge Jan | 2009 | |
Delmer Los | Grutte Pier | 2010 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Histoire van de IFKS". Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2010. Consultado o 05 de decembro de 2010.