Saltar ao contido

Igalia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igalia
TipoSociedade limitada
FundaciónSetembro de 2001
LocalizaciónA Coruña
IndustriaDesenvolvemento de software
ProdutosWebKitGTK, WPE, GStreamer, GNOME Web (antigamente, Epiphany), Orca
Número de empregados> 100
Na rede
https://www.igalia.com/
Twitter: igalia Youtube: UCIpArN21nIT2lvZX-nkjP7A GitHub: igalia Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Joaquim Rocha (Igalia) en xuño de 2010
Joaquim Rocha (Igalia) en xuño de 2010
Membros de Igalia (xullo de 2009)
Membros de Igalia (xullo de 2009)

Igalia é unha empresa galega adicada ó desenvolvemento de software de código aberto. Situada na Coruña, Igalia destacou polas súas contribucións ao código e mais aos estándares abertos. O seu principal eido de traballo é a creación de produtos de código aberto para unha gran diversidade de hardware e plataformas de software, en especial navegadores web, gráficos, multimedia, compiladores, visualización, integración de Linux e drivers.[1][2]

Igalia é unha empresa galega de software.[3] En febreiro de 2023, Mozilla comezou a dirixir aos usuarios do seu navegador web de realidade virtual, Firefox Reality, cara a o novo navegador de código aberto de Igalia, Wolvic.[4][5] Malia a clausura de Firefox Reality, o propio Wolvic está baseado no seu código fonte. Ao comezo, Wolvic ía operar en Oculus, HTC Vive Focus, Pico Interactive, Daydream, Huawei VR Glasses e dispositivos Lynx de código aberto.

En setembro dese mesmo ano, Valve Software anunciou unha cooperación con Igalia para o desenvolvemento da videoconsola Steam Deck, baseada en Linux.[6]

Proxectos mantidos por Igalia

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]