Saltar ao contido

Ignacio Cordero Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaIgnacio Cordero Alonso
Biografía
Nacemento1847 Editar o valor en Wikidata
Zamora, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xaneiro de 1929 Editar o valor en Wikidata (81/82 anos)
Baiona, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Baiona
1925 – 1926
← Manuel Barreiro ÁlvarezPedro Miranda Suárez de Puga → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosConsuelo Cordero Editar o valor en Wikidata

Ignacio Cordero Alonso, nado en Zamora en 1847 e finado en Baiona o 19 de xaneiro de 1929, foi un médico e político español.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en 1847 en Zamora, e trasladouse a Madrid para estudar medicina. Obtivo a licenciatura na capital e xa instalado alí dedicouse por completo ao traballo de médico. A finais da década de 1880 chegou a Baiona por motivos de saúde para pasar unha tempada buscando repouso, e desde entón frecuentou a vila todos os veráns.

En 1893 conseguiu xunto co baionés Agapito Ordóñez unha concesión a perpetuidade para construír un balneario na praia da Cuncheira. Creouse en 1896, cun edificio de madeira e 20 casetas na praia. Polo balneario pasaron personalidades como Ramón y Cajal, Marqués de Quintanar ou Mercedes Ruíz de la Escalera. Colaborou en prensa escrita, e obtivo por oposición unha praza como organista nun templo relixioso. Foi elixido alcalde por unanimidade trala dimisión de Manuel Barreiro Álvarez en xuño de 1925. Ocupouse da sanidade en Baiona, entre outras, arranxando o Hospital Sancti Spiritus da vila. A súa dimisión chegaría pronto, en xuño de 1926, ao pouco de cumprir un ano no cargo. Sucedeuno por Pedro Miranda Suárez de Puga.

Faleceu poucos anos despois en Baiona, o 19 de xaneiro de 1929.


Predecesor:
Manuel Barreiro Álvarez
 
Alcalde de Baiona
 
1925 - 1926
Sucesor:
Pedro Miranda Suárez de Puga