Saltar ao contido

Ignacio Garriga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Biografíailustre Editar o valor en Wikidata
Ignacio Garriga

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de febreiro de 1987 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Sant Cugat del Vallès, España Editar o valor en Wikidata
Secretario xeral de VOX
outubro de 2022 –
← Javier Ortega Smith-Molina
Deputado do Parlamento de Cataluña
12 de marzo de 2021 –

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado no Congreso dos Deputados
Representa: Vox

3 de decembro de 2019 – 11 de marzo de 2021 – Juan Carlos Segura Just →

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado no Congreso dos Deputados
21 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019

Circunscrición electoral: Barcelona

Datos persoais
Grupo étnicoAfro-Catalan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Internacional de Cataluña - odontoloxía
Centre educatiu privat La Farga (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónodontólogo, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Internacional de Cataluña, profesor de educación superior (2011–2015)
Universidade Internacional de Cataluña, estagiário (pt) Traducir (2010–2011) Editar o valor en Wikidata
Partido políticoVox Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesRafael Garriga i Roca, avó paterno
Carlota Garriga i Kuijpers, tía
Juan de la Cruz Garriga Dómenech, curmán Editar o valor en Wikidata

Facebook: 1312214994 Twitter: Igarrigavaz Instagram: garriga_ignacio Telegram: IgnacioGarrigaVaz Editar o valor en Wikidata

Ignacio Garriga Vaz de Concicao (ocasionalmente escrito como Conceição[1]), nado en Sant Cugat del Vallès o 4 de febreiro de 1987, é un odontólogo, profesor universitario e político catalán. En 2021, era o voceiro do comité executivo nacional de VOX. Foi deputado no Congreso dos Deputados por Barcelona na XIII e XIV lexislaturas.

Presentouse como candidato nas eleccións ao Parlamento catalán do 14 de febreiro de 2021.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É o menor de cinco irmáns (tres deles son irmáns por parte de pai)[nota 1][2]. Seus pais son Rafael Garriga Kuijpers que casou en segundas nupcias con Clotilde Vaz de Concicao Morlay (española de orixe ecuatoguineana). A nai de Ignacio, Clotilde, que era descendente dun pai portugués, naceu en febreiro de 1947 en Guinea Ecuatorial cando aínda era unha colonia española, polo que administrativamente naceu con nacionalidade.[2] Os pais de Clotilde tiñan un supermercado en Malabo, pero despois da morte de Pablo, o pai de Clotilde e o avó de Garriga, a súa nai Mercedes enviou a Clotilde e aos seus sete fillos a vivir a Barcelona.[3]

O pai de Ignacio Garriga, provén dunha familia estreitamente vencellada á política e que estivera relacionada con organizacións nacionalistas flamengas como Vlaams Economisch Verbond.[2]

Foi alumno de La Farga, un colexio vencellado ao Opus Dei,[4] despois licenciouse en odontoloxía e foi profesor da Facultade de Odontoloxía da Universidade Internacional de Catalunya, centro tamén relacionado co Opus,[4] e ten impartido charlas en lugares como o Club Empel de Barcelona sucesor do Casal Tramuntana, un punto de encontro de mozos de ideoloxía de extrema dereita en Barcelona.[2] Aínda que afirmou que a súa lingua materna era o catalán, considérase plenamente castelanfalante.[2][3]

Traxectoria política

[editar | editar a fonte]

En 2005, cando tiña 18 anos, afiliouse ao Partido Popular, pero o abandonou en 2010 por desacordos pola posición do partido en temas como o matrimonio homosexual, aborto, unidade española e inmigración.[5][6] Porén, os motivos da súa saída do Partido Popular tamén se debían a disputas coa entón dirección do partido por parte de Alicia Sánchez-Camacho e a un intento de golpe interno na sección local de Sant Cugat.[7]

Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2010, concorreu como número 18 por Barcelona na lista do novo partido de Montserrat Nebrera, Alternativa de Govern, cando esta abandonara ao Partido Popular, sen conseguir escano.[4]

Garriga uniuse a Vox en 2014 e ao ano seguinte xa era candidato á alcaldía de San Cugat.[5][6] Debido a ser o único político " mestizo " do partido, ás veces é descrito como o "negro Vox" ou o "home negro de Vox",[8][9] aínda que Garriga rexeita esta identificación.[10] A pesar da súa oposición á inmigración ilegal por parte do seu partido político, Garriga fixo comentarios en favor dos inmigrantes en España, xa que el mesmo se considera de orixe inmigrante,[3] aínda que tamén apoia a deportación obrigatoria de inmigrantes ilegais.[10] Ademais, Ignacio Garriga afirmou que Vox é un partido político humanista e cristián.[3] Aínda que se identifica "orgulloso" como catalán, Garriga está fortemente en contra do movemento independentista en Cataluña.[11]

Converteuse en membro das Cortes Xerais, na XIII lexislatura de España, despois de se presentar como cabeza de lista de Vox na provincia de Barcelona nas eleccións do 28 de abril de 2019.[12] Nas eleccións xerais de novembro de 2019, repetiu como cabeza de lista e volveu consegui-lo escano, formando parte da XIV lexislatura[13]. Foi nomeado polo seu partido como candidato á presidencia da Generalitat de Catalunya de cara ás eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021 .

Nas Eleccións ao Parlamento de Cataluña en febreiro de 2021, foi nomeado polo seu partido como candidato á presidencia da Generalitat conseguindo, Vox, un total de 11 escanos co que se converteu na cuarta forza do Parlamento catalán,[14] o que foi considerado un «sorpasso» sobre o Partido Popular e Cidadáns.[15][16][17]

  1. Ten outros tres irmáns do lado do seu pai e son máis vellos ca el. Estes tres fillos (Esmeralda, Gema e Rafael) nacidos nos anos 60 proceden do matrimonio do seu pai Rafael Garriga con Carmen Ferreiro, unha muller que morreu aos corenta e tres anos en 1977
Referencias
  1. [1]
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Cantarero, Joan (6 de novembro de 2019). "ELS ORÍGENS D’IGNACIO GARRIGA, EL DIPUTAT CATALÀ DE VOX". elcritic.cat (en catalán). Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Ballesteros, Roberto R. (15 de setembro de 2018). "Negro, catalán y directivo de VOX: "Hay una caridad mal entendida en inmigración"". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Álvaro, Francesc-Marc (1 de febreiro de 2021). "Ignacio Garriga: El ‘boy scout’ de Abascal". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  5. 5,0 5,1 Redacción (21 de outubro de 2020). "Ignacio Garriga, el dentista de origen guineano que lidera la lista de Vox por Barcelona". 20minutos.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2013. Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  6. 6,0 6,1 Lorca, C. (16 de marzo de 2019). "¿Quién es Ignacio Garriga, el “número uno” de Vox por Barcelona para asaltar el 28A?". larazon.es (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  7. "Ignacio Garriga, hijo de 'Cloti' y nieto de 'Mamá pantalones', un líder de Vox distinto para Cataluña". elespanol.com (en castelán). 21 de outubro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2021. 
  8. González, David (15 de decembro de 2018). "Así es Ignacio Garriga Vaz de Concicao, el polémico "negro de Vox"". elcierredigital.com (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  9. "Los adeptos más peculiares de Vox: Un gay homófobo, el negro antiinmigración, un friki y el revisionista del Holocausto". elcierredigital.com (en castelán). 15 de novembro de 2019. Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  10. 10,0 10,1 López Frías, David (8 de decembro de 2018). "Ignacio, harto de ser el negro catalán de Vox: Soy español. Eso es racismo". elespanol.com (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  11. Cantarero, Joan (6 de novembro de 2019). "ELS ORÍGENS D’IGNACIO GARRIGA, EL DIPUTAT CATALÀ DE VOX". elcritic.cat (en catalán). Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  12. Redacción. "Ignacio Garriga, el dentista de origen guineano que lidera la lista de Vox por Barcelona". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  13. Ubieto, Gabriel. "La ultraderecha de Vox duplica sus diputados en Catalunya". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  14. González, Miguel (14 de febreiro de 2021). "Vox irrumpe como cuarta fuerza política en Cataluña con 11 diputados". elpais.com (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  15. Fedriani, Irene (14 de febreiro de 2021). "'Sorpasso' de Vox al PP y Ciudadanos: entra en el Parlament con once escaños y se convierte en cuarta fuerza". rtve.es (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  16. Mateos, A. (14 de febreiro de 2021). "Vox da el sorpasso al PP y a Ciudadanos". ultimahora.es (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2021. 
  17. Alías, Marina (15 de febreiro de 2021). "Euforia contenida en Vox al lograr el ‘sorpasso’ a PP y Ciudadanos con 11 diputados". vozpopuli.com (en castelán). Consultado o 16 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]