Ignacio González González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de outubro de 1960 (64 anos) Madrid, España |
Presidente da Comunidade de Madrid | |
27 de setembro de 2012 – 25 de xuño de 2015 ← Esperanza Aguirre – Cristina Cifuentes → | |
Deputado na Asemblea de Madrid | |
7 de xuño de 2011 – 31 de marzo de 2015 Lexislatura: IX lexislatura da Asemblea de Madrid Electo en: 2011 Madrilenian regional election (en) | |
Q43262928 | |
22 de novembro de 2009 – 27 de setembro de 2012 | |
Deputado na Asemblea de Madrid | |
12 de xuño de 2007 – 29 de marzo de 2011 Lexislatura: VIII lexislatura da Asemblea de Madrid Electo en: eleccións á Asemblea de Madrid de 2007 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Autónoma de Madrid - licenciatura en Dereito |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, avogado, funcionario |
Partido político | Partido Popular |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Lourdes Cavero Mestre |
Irmáns | Isabel Gema González González |
Parentes | Pilar Cavero Mestre, irmá da esposa Carmen Cavero Mestre, irmá da esposa |
Ignacio González González, nado en Madrid o 19 de outubro de 1960,[1] é un político español militante do Partido Popular e expresidente da Comunidade de Madrid (tras a dimisión de Esperanza Aguirre anunciada o 17 de setembro de 2012), ademais é secretario xeral do PP de Madrid. Dende sempre estivo moi vinculado a Esperanza Aguirre e, con ela, ao sector máis dereitista do PP.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi subsecretario do Ministerio de Cultura, Educación e Deportes (1996-1999), durante o mandato de Esperanza Aguirre e secretario de Estado para a Administración Pública no Ministerio de Administracións Públicas (1999-2002), con Jesús Posada á fronte, onde xestou o chamado portelo única.
Durante o derradeiro mandato de José María Aznar, entre 2002-2004, Ignacio González desempeñou o labor de secretario de Estado de Inmigración no Ministerio de Interior, organismo que dirixía por aquel entón Ángel Acebes. Durante este tempo, Ignacio González foi o artífice da reforma da lei de Estranxeiría de España que foi pactada co PSOE no ano 2003.
Presidente da Comunidade de Madrid
[editar | editar a fonte]O 17 de setembro de 2012, Esperanza Aguirre anunciou inesperadamente a súa dimisión como presidenta da Comunidade e deputada na Asemblea de Madrid, sendo substituída polo seu vicepresidente e portavoz Ignacio González dende 2003 (dende 2009 tamén ocupou a Consellería de Deportes e Cultura).
Tomou posesión do cargo o 26 de setembro dese mesmo ano[1] (nos días previos exerceu a presidencia en funcións) converténdose no cuarto Presidente da Comunidade de Madrid. Foi criticado por chegar ao cargo sen pasar polas urnas como os seus antecesores.
Cesou no cargo tralo nomeamento de Cristina Cifuentes (PP)), o 25 de xuño de 2015, logo das eleccións autonómicas e municipais celebradas ese ano. O 19 de abril de 2017 foi detido pola Garda Civil tras detectarse un feixe de irregularidades nas filiais latinoamericanas do Canal de Isabel II, e foi acusado de compra de empresas fraudulentas, malversación, blanqueo de capitais e financiamento irregular.[2] Pouco tempo despois o PP suspendeuno cautelarmente de militancia.[3] O 21 de abril de 2017 ingresou en prisión incondicional pola súa implicación no caso Lezo.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]No ámbito persoal, está casado e ten tres fillas.[1]
Predecesor: Esperanza Aguirre |
Presidente da Comunidade de Madrid 2012 - 2015 |
Sucesor: Cristina Cifuentes |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Ficha persoal no sitio oficial da Comunidade de Madrid". Arquivado dende o orixinal o 02-07-2015. Consultado o 30-06-2017.
- ↑ "Huffington Post:Detenido Ignacio González, expresidente de la Comunidad de Madrid (19-04-2017)". Consultado o 01-07-2017.
- ↑ "Hernández, Marisol (19-04-2017): El Partido Popular suspende de militancia a Ignacio González. Elmundo.es". Consultado o 01-07-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ignacio González González |