Igrexa (arquitectura)

Unha igrexa (do latín ecclesia, e esta do grego ἐκκλησία [ekklēsía], 'asemblea', 'convocación') é un edificio usado para o rezo ou para outros servizos relixiosos públicos, referíndose xeralmente aos da adoración cristiá. O termo para definir o edificio dedicado a adoración é Templo.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros cristiáns reuníanse en pequenos grupos na vivenda dalgún dos membros. Co crecemento do cristianismo e fundamentalmente, coa adopción deste como relixión oficial, fíxose precisa a existencia de edificios dedicados aos usos relixiosos. Nun principio adaptouse a basílica romana, un edificio de uso civil e xeralmente de planta rectangular cunha nave central máis alta e nalgúns casos co engadido dunha ábsida. Os cambios na liturxia e unha intención simbólica levou á planta en forma de cruz, ben grega ou latina (que acolle a máis fieis).
Arquitectura relixiosa
[editar | editar a fonte]