Saltar ao contido

Igrexa ortodoxa romanesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Igrexa Ortodoxa Romanesa»)
Igrexa ortodoxa romanesa
(Patriarcado de Romanía)
Biserica Ortodoxă Română
Historia
Fundación1864
Parte deIgrexa Ortodoxa
Goberno
Tipo de gobernoEpiscopal
Patriarca de RomaníaDaniel
Clasificación
GrupoOrtodoxia
OrientaciónCristianismo oriental
TeoloxíaConcilio de Calcedonia, Trinitaria
Demografía e cultura
PaísesRomanía, Moldova, Serbia, Hungría, Europa, América do Norte, Oceanía
Linguas litúrxicasRomanés
Ritos litúrxicosBizantino
Outros datos
Sede centralBucarest
Páxina webpatriarhia.ro
Catedral de Mioveni.

A Igrexa ortodoxa romanesa (Biserica Ortodoxă Română en romanés) é unha das igrexas autocéfalas integradas na comuñón ortodoxa.

No Reino de Romanía

[editar | editar a fonte]

En 1859, a unión dos principados de Moldova e Valaquia resultou no nacemento do moderno estado romanés. Xa que a organización territorial das Igrexas ortodoxas tende a seguir a do estado, en 1872 as metrópoles ortodoxas dos antigos principados, a metrópole de Ungro-Valaquia e a metrópole de Moldova, uníronse para formar a Igrexa ortodoxa romanesa.

A constitución romanesa de 1866 declarou á Igrexa ortodoxa "independente de calquera xerarquía estranxeira", e unha lei aprobada en 1872 declarou á Igrexa como "autocéfala". Logo dun longo período de negociacións co patriarcado Ecuménico de Constantinopla, baixo o que estaban ditas metrópoles, este recoñeceu finalmente á Metrópole de Romanía en 1885, que foi elevada ao rango de patriarcado en 1925.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

A Igrexa ortodoxa romanesa estrutúrase como un patriarcado, o patriarcado de Romanía. O patriarcado está organizado en varias metrópoles, que á súa vez están divididas en dioceses e arquidioceses. Cada unha das metrópoles está encabezada por un metropolita, que é ao mesmo tempo o arcebispo dunha das arquidioceses.

As metrópoles, arquidioceses e dioceses en Romanía son as seguintes:

Nos países lindeiros e na diáspora, as xurisdicións son as seguintes:

Teólogos famosos

[editar | editar a fonte]

Demografía

[editar | editar a fonte]

Pertencen a ela a maioría dos romaneses (o 86,8% da poboación de Romanía de acordo co censo de 2002[2]). Polo número de fieis (20 millóns entre Romanía, Moldova e a diáspora), é a segunda das igrexas ortodoxas autocéfalas, só por detrás da Igrexa ortodoxa rusa.

Os fieis da Igrexa ortodoxa romanesa a miúdo refírense a ela como Dreapta credinţă ("crenza correcta, auténtica", nome semellante ao grego Ορθος δοξος, "crenza correcta, recta").

  1. "Pe scurt, 30 decembrie 2008, Ciprian Bâra, Ziarul Lumina". Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2015. Consultado o 28 de marzo de 2015. 
  2. "Datos sobre relixión do censo de 2002" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de maio de 2006. Consultado o 31 de decembro de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]