Igrexa de Grecia
Aparencia
Igrexa de Grecia | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 1833 |
Motivo | Independencia da Igrexa ortodoxa de Constantinopla |
Goberno | |
Arcebispo de Atenas e toda Grecia | Xerónimo II |
Outros datos | |
Páxina web | www.ecclesia.gr |
A Igrexa de Grecia (en grego: Ἐκκλησία τῆς Ἑλλάδος, Ekklisia tis Ellados), é unha das igrexas ortodoxas autocéfalas, en comuñón co resto da Igrexa ortodoxa. O seu territorio canónico limítase ás fronteiras de Grecia previas ás guerras balcánicas (a "vella Grecia"), sendo o resto de Grecia (as "Novas Terras", Creta e o Dodecaneso) xurisdición da Igrexa ortodoxa de Constantinopla. Porén, moitas destas terras son na práctica administradas como parte da Igrexa de Grecia, logo dun acordo entre as dúas igrexas. O primado da Igrexa de Grecia é o arcebispo de Atenas e toda Grecia.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en grego) (en inglés).
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |