Saltar ao contido

Igrexa ortodoxa de Antioquía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Igrexa Ortodoxa de Antioquía»)
Igrexa ortodoxa de Antioquía
Historia
FundaciónEra apostólica
MotivoHerdeira das primeiras comunidades cristiás de Antioquía[1]
Goberno
Patriarca de AntioquíaXoán X
Demografía e cultura
Ritos litúrxicosBizantino
Outros datos
Páxina webwww.antiochpatriarchate.org

A Igrexa ortodoxa de Antioquía, tamén coñecida como patriarcado de Antioquía e todo o Leste (en grego: Πατριαρχεῖον Ἀντιοχείας, Patriarcheîon Antiocheías), é unha das igrexas ortodoxas autocéfalas, en comuñón co resto da Igrexa ortodoxa.

O primado da Igrexa é o patriarca de Antioquía, o terceiro na orde de precedencia da Igrexa ortodoxa logo dos patriarcas de Constantinopla e Alexandría. O seu territorio tradicional inclúe Siria, o Líbano, Irán, Iraq, Kuwait, os países árabes do golfo Pérsico e parte de Turquía.

  1. Como a Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa siríaca, considérase a Igrexa orixinal fundada polos apóstolos en Antioquía.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]