Igrexa de Nosa Señora do Rosario (Doha)
Igrexa de Nosa Señora do Rosario | |
---|---|
Datos xerais | |
País | Qatar |
Localización | Doha |
Coordenadas | 25°12′45″N 51°31′19″L / 25.2126, 51.5219 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Vigairía apostólica de Arabia setentrional |
Páxina web | http://www.rosaryqatar.com/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de Nosa Señora do Rosario (en árabe: كنيسة سيدة الوردية) é unha igrexa católica de Doha (Qatar). Está situada xunto a igrexas doutras confesións cristiás no Complexo Relixioso de Abu Hamur. É a primeira igrexa construída no país dende as conquistas islámicas do século VII.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]A construción da igrexa tivo un custo de arredor de 20 millóns de dólares, e foi erixida nun terreo doado polo emir Hamad bin Khalifa.[3] Por mor da lexislación islámica qatarí, a igrexa non amosa símbolos cristiáns no seu exterior.
A igrexa foi dedicada o 14 de marzo de 2008 polo cardeal Ivan Dias, nunha cerimonia á que asistiron o vice-primeiro ministro qatarí Abdala bin Hamad al-Atia, o arcebispo Bulus Munxid al-Haxim, o vigairo apostólico Paul Hinder, o arcebispo Giuseppe Andrea, e outros cargos qatarís.[4][5]
A igrexa é parte da estrutura da vigairía apostólica de Arabia setentrional, e atende aos arredor de 200.000 católicos en Qatar,[6] moitos deles inmigrantes de Filipinas, a India, e outros países.[6][7][8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ayed, Nahlah (21 de marzo de 2008). "Faith in the desert: Qatar's first official Catholic church". CBC News.
- ↑ Murphy, Caryle (9 de febreiro de 2009). "For the first time, Christians in Qatar worship in church". The Christian Science Monitor.
- ↑ Khatri, Shabina S. (20 de xuño de 2008). "Qatar opens first church, quietly". Al Jazeera English.
- ↑ Associated Press (15 de marzo de 2008). "First Christian church opens in Qatar". USA Today.
- ↑ "First Catholic Church in Arabic country to be dedicated to Mary". Catholic News Agency. 29 de febreiro de 2008.
- ↑ 6,0 6,1 Mathew, Ramesh (22 de febreiro de 2014). "Prince Charles visits churches in Abu Hamour". Gulf Times.
- ↑ "Re-Organisation of the Vicariates of the Arabian Peninsula". Vigairía apostólica de Arabia setentrional.
- ↑ "First church in Qatar has low profile". United Press International. 14 de marzo de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Nosa Señora do Rosario |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en árabe)