Igrexa de San Mamede de Carnota
Aparencia
Igrexa de San Mamede de Carnota | |
---|---|
Igrexa de San Mamede de Carnota | |
País | España |
Localización | San Mamede de Carnota (Carnota) |
Coordenadas | 42°51′11″N 9°04′48″O / 42.853108, -9.079975 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Mamede de Carnota é o templo parroquial de San Mamede, no concello de Carnota.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]De estilo neoclásico, ten planta de cruz latina. Construíuse seguindo os planos do arquitecto Miguel Ferro Caaveiro no ano 1755.
No seu interior conserva interesantes retablos dos mestres composteláns Francisco Nogueira e Pablo de Rosende, pero destaca sobre todo o labrado polos escultores noieses Xosé Ferreiro e Xosé Gambino.
A entrada atópase rodeada de lápidas que, seguindo o costume popular, están orientadas cara ao altar.
Preto da igrexa está o hórreo de Carnota, un dos máis longos de Galicia.