Igrexa de San Tomé de Serantes
Aparencia
Igrexa de San Tomé de Serantes | |
---|---|
Igrexa de San Tomé de Serantes | |
País | España |
Localización | Serantes (Leiro) |
Coordenadas | 42°23′05″N 8°09′29″O / 42.384722222222, -8.1580555555556 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A igrexa de San Tomé de Serantes é un templo relixioso de feitura románica da parroquia de Serantes, no concello ourensán de Leiro. Ten a súa orixe no século XIII.
Componse dunha nave e ábsida rectangular. Os elementos máis destacados da súa fachada son a portada, o tornachuvias e un gran rosetón. A portada é apuntada, con dúas arquivoltas sobre columnas. O tornachuvias sostense por interesantes canzorros no que destacan as figuras humanas, en actitude grotesca. Os capiteis desta portada decóranse con motivos vexetais xunto con motivos zoomórficos. Un deles representa dúas aves comendo dunha piña e outro tres homes.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes da igrexa de San Tomé de Serantes.
-
Rosetón.
-
Igrexa de San Tomé de Serantes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Tomé de Serantes na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.