Saltar ao contido

Igrexa de Santa Baia de Lañas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Santa Baia de Lañas
PaísEspaña
Coordenadas42°57′13″N 8°42′25″O / 42.953715312673, -8.7069773412603Coordenadas: 42°57′13″N 8°42′25″O / 42.953715312673, -8.7069773412603
editar datos en Wikidata ]


A igrexa de Santa Baia de Lañas[1] é un templo católico na parroquia de Lañas, no concello da Baña.

Descrición[editar | editar a fonte]

Construída na segunda metade do século XII no estilo románico, foi remodelada e ampliada no século XVIII en estilo barroco, cando se lle engadiu unha capela e a sancristía polo lado norte e se reformou a fachada oeste.

A igrexa ten nave de planta rectangular de 11,4 m de longo por 5,5 de largo con cuberta a dúas augas. Ten dous corpos acaroados na cabeceira e no costado dereito e con presbiterio destacado. Os muros son de cadeirado granítico e a cuberta é a dúas e tres augas con tellado de tella. A fachada, de cadeirado en fiadas ben axustadas, ten unha porta alintelada con molduras, fornela e ventá abucinada cara ao exterior. Ten unha espadana grande de dobre corpo de ocos con arcos de medio punto, rematada en edículo con oco, pináculo e cruz de forxa, tres machóns, dous acróteros balaustrados laterais, un corpo mixtilíneo central e un elevado remate balaustrado, de esvelto canon. Na parte románica do templo hai canzorros nos beirados do tellado por todas as caras do templo con figuras de zoomorfos e vexetais, e tamén unha porta cegada que tiña arco de medio punto con molduras. A sancristía está arrimada ao muro norte da capela maior.

No interior ten un único retablo e varias imaxes.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]