Igrexa de Valdesaz de los Oteros
Igrexa de Valdesaz de los Oteros | |
---|---|
Ben de Interese Cultural | |
Igrexa da Asunción de Valdesaz de los Oteros | |
Localización | |
País | España |
Provincia | León |
Concello | Pajares de los Oteros |
Localidade | Valdesaz de los Oteros |
Coordenadas | 42°19′24″N 5°25′37″O / 42.323422222222, -5.4270638888889 |
Datos xerais | |
Declaración | Real Decreto 598/1982 |
Data | 15 de xaneiro de 1982 |
Categoría | Monumento / arquitectura relixiosa |
Código | RI-51-0004563 |
Construción | ? - segunda metade do século XVI |
A igrexa da Asunción atópase na localidade leonesa de Valdesaz de los Oteros, pertencente ao concello de Pajares de los Oteros, en Castela e León.
Historia
[editar | editar a fonte]Formou parte do desaparecido mosteiro de San Cibrán. Ten como elemento principal a capela maior da igrexa, construída en ladrillo e cuberta con rica armadura octogonal mourisca. As naves son de perpiaño, ben trazadas, con decoración exterior de orde toscana, tres arcos por banda, de medio punto e cubierta a nave maior cunha armadura gornecida con lazo, todo iso da segunda metade do século XVI.[1]
Status patrimonial
[editar | editar a fonte]O 15 de xaneiro de 1982 foi declarada monumento histórico-artístico, mediante un real decreto publicado o 24 de marzo dese mesmo ano no Boletín Oficial del Estado, coa rúbrica de Xoán Carlos I e da daquela ministra de Cultura Soledad Becerril.[1] Na actualidade está considerada Ben de Interese Cultural.
Notas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Valdesaz de los Oteros |