Saltar ao contido

Igrexa de madeira de Urnes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIgrexa de madeira de Urnes
Urnes stavkirke (nn) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 61°17′53″N 7°19′21″L / 61.2981, 7.3225
EstadoNoruega
CondadoVestland (pt) Traducir
ConcelloLuster (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
RelixiónIgrexa de Noruega Editar o valor en Wikidata
Xeografía
DioceseDiocese of Bjørgvin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie0,21 ha Editar o valor en Wikidata
Creaciónséculo XII Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i), (ii) e (iii) Editar o valor en Wikidata
Identificador58
Heritage site in Norway (en) Traducir

Páxina webfortidsminneforeningen.no… Editar o valor en Wikidata
Un capitel da igrexa de Urnes.
Detalle dunha das paredes.

A Igrexa de madeira de Urnes, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, é unha stavkirke (Igrexa de madeira) das máis antigas das 28 preservadas en Noruega. Está situada no municipio de Lust no condado de Sogn og Fjordane.

A igrexa é propiedade da Sociedade para a preservación de monumentos históricos, en Noruega. Foi declarada Patrimonio da Humanidade en 1979.[1]

As análises realizadas a mostras de madeira retirada da base da construción indican que as árbores utilizadas na súa construción cortáronse entre 1129 e 1131. Pero sábese que antes do actual edificio houbo outras dúas igrexas no mesmo lugar, e certos elementos destas reutilizáronse, como fachada, algunhas pranchas exteriores e algunhas pezas decorativas esculpidas.

A igrexa marca a transición de métodos de construción dos viquingos coa súa típica ornamentación animal, o chamado "estilo Urnes" e a arquitectura cristiá.

O edificio

[editar | editar a fonte]

A igrexa está formada por unha nave rectangular e coro máis estreito, ambos co grande espazo central elevado. No século XVII ampliouse o coro, pero esta modificación eliminouse posteriormente. No século XX, restaurouse a igrexa e as táboas decoradas das paredes cubríronse para evitar a súa deterioración.

  1. "Urnes Stave Church". UNESCO Culture Sector. Consultado o 8 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]