Igrexa dos Santos Xusto e Pastor de Cuenca de Campos
Igrexa dos Santos Xusto e Pastor de Cuenca de Campos | |
---|---|
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Parroquia |
Advocación | Xusto e Pastor |
Localización | Cuenca de Campos, Provincia de Valladolid, Castela e León, España |
Coordenadas | 42°03′27″N 5°03′22″O / 42.0575, -5.0561111111111 |
Catalogación | Ben de Interese Cultural dende o 3/6/1931 |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | Valladolid |
Arquitectura | |
Construción | século XVI |
Estilo | Mudéxar |
Identificador | RI-51-0001004-00002 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Igrexa dos Santos Xusto e Pastor é un templo católico que se atopa na localidade de Cuenca de Campos (provincia de Valladolid).[1] Está declarado Ben de Interese Cultural.
Descrición
[editar | editar a fonte]Trátase dun edificio do románico mudéxar construído no século XVI.[1][2]
Unha porta alintelada precedida dun pórtico permite acceder ó templo a través dunha das tres naves e a da Epístola. Ditas naves atópanse separadas por columnas da orde xónica e as armaduras que as cobren considéranse as mellores da provincia en arte mudéxar.[1][2]
As zapatas das columnas que sosteñen o teito foron decoradas no renacemento con bustos representando ás virtudes.[1]
Na capela maior destaca o artesoado que a cobre pola súa lacería, policromado e piñas de mozárabes.[1]
O retablo, construído ó redor do ano 1580, conta con tallas dos santos Xusto e Pastor, entre outras atribuídas ó artista Pedro de Bolduque.[1][2]
A igrexa conta cunha torre de ladrillo de dous corpos. O inferior alberga unha capela cuberta por bóveda de crucería gótica.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Igrexa dos Santos Xusto e Pastor Arquivado 16 de outubro de 2014 en Wayback Machine. pueblos-espana.org
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Igrexa de San Xusto e Pastor Arquivado 16 de outubro de 2014 en Wayback Machine. tierradecampos.com