Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa
![]() | Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario HombreDHojalata (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 1 segundo. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 1922 |
Motivo | Independencia da Igrexa ortodoxa polaca |
Goberno | |
Metropolita | Sviataslaŭ Lohin |
Outros datos | |
Páxina web | www.belapc.org |
A Igrexa ortodoxa autocéfala belarusa (en belaruso: Беларуская аўтакефальная праваслаўная царква, Bielaruskaja aǔtakefaĺnaja pravaslaǔnaja carkva) é unha igrexa ortodoxa non canónica que aspira a ser a igrexa ortodoxa autocéfala nacional de Belarús, en contraposición co exarcado belaruso da Igrexa ortodoxa rusa.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixe e primeiros anos
[editar | editar a fonte]O 23 de xullo de 1922 na catedral dos Santos Apóstolos Pedro e Paulo de Minsk tivo lugar un sínodo eclesiástico que decidiu crear, como forma de protección contra o renovacionismo e para distanciarse do patriarcado de Moscova baixo influencia soviética, unha metrópole autónoma belarusa nos territorios da República Socialista Soviética de Belarús.[1] O sínodo elixiu ao arcebispo Mielchisiedek Pajeŭski metropolita co título de "Minsk e Belarús", e estabeleceu catro dioceses: Minsk, Babrujsk, Mazyr e Sluck.[1] O alcance e motivos desta proclamación de autonomía son discutidos. Segundo historiadores como o sacerdote ortodoxo ruso Shcheglov, tratouse soamente dun movemento para resistir á persecución incipiente e para asegurar o normal funcionamento da Igrexa nos territorios de Belarús.[2]
Primados
[editar | editar a fonte]- Iziaslaŭ Brucki (maio de 1984 - 26 de novembro de 2007, finado)
- Sviataslaŭ Lohin (dende o 11 de maio de 2008)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Bekus-Gonczarowa, Nelly; Korzeniewska-Wiszniewska, Mirella; Wawrzonek, Michał (2016). Orthodoxy Versus Post-Communism?: Belarus, Serbia, Ukraine and the Russkiy Mir. Cambridge Scholars Publishing. p. 102. ISBN 9781443831550.
- ↑ Щеглов, Гордей Эдуардович (2011). "Автономия Белорусской Православной Церкви 1922 года". Вестник Православного Свято-Тихоновского гуманитарного университета. Серия 2: История. История РПЦ. (en ruso) (40): 99–116. Consultado o 05/01/2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en belaruso).