Ilia Devin
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xullo de 1922 Staraya Terizmorga, Rusia (en) |
Morte | 13 de novembro de 1998 (76 anos) Saransk, Rusia |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor |
Partido político | Partido Comunista da Unión Soviética |
Participou en | |
23 de febreiro de 1981 | 26th Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) |
Premios | |
Ilia Devin (ruso: Девин Илья Максимович), nado o 20 de xullo de 1922 en Sire Теrizmorga e finado o 13 de novembro de 1998 en Saransk, foi un xornalista e escritor mordovo, un dos principais escritores en lingua moksha.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia labrega e estudou na súa localidade natal. Loitou en varias frontes durante a segunda guerra mundial co Exército Vermello e logo da guerra traballou na radio estatal de Mordova mais nas publicacións periódicas Mokšen Pravda e Mokša. Membro da Unión de Escritores de Rusia dende 1949, foi o presidente da Unión de Escritores da República de Mordovia (1971-1984). Membro do Consello Supremo da RSS de Mordovia (1975-1980), delegado no XXV Congreso do PCUS (1976)
Actividade literaria
[editar | editar a fonte]Comezou a escribir durante os seus anos escolares, publicou o seu primeiro poema en 1939 na revista Kolkhozon Eriaf e nos anos seguintes publicou en diversas revistas mordovas. Durante a guerra publicou en revistas militares e en 1945 publicou o seu primeiro libro, unha selección da súa poesía militar, Šobdavan Zari [1]. Ao longo da súa vida publicou 20 libros[2], tanto de poesía como de prosa. Pero a súa obra principal é a novela Nariše que saíu do prelo en 1969, ambientada nos anos inmediatamente posteriores á guerra nunha aldea mordova, a trama céntrase na nova xeración que participa activamente en todas as esferas de actividade nuns anos marcados polas dificultades causadas pola guerra e polas moitas pexas que poñen os membros da vella xeración aos avances.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Девин Илья Максимович" Arquivado 22 de xullo de 2018 en Wayback Machine., moypolk.ru
- ↑ Девин Илья Максимович Arquivado 11 de xullo de 2018 en Wayback Machine. на сайте «Библиотека мордовской литературы»