Illa Birnie
(en) Birnie Island | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Fénix | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas Fénix | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Illas Fénix, Kiribati | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Dimensións | 0,6 () × 1,2 () km | ||||
Superficie | 0,72 km² | ||||
Historia | |||||
Data de descuberta ou invención | 1823 | ||||
A illa Birnie é unha pequena illa de coral de 20 hectáreas. Forma parte do grupo de illas Fénix, pertencentes a Kiribati. Está situada 100 km SE da Illa Kanton e 90 km ONO da Illa Rawaki. Birnie é unha illa deshabitada, mide 1,2 km de longo e 0.5 km de ancho.
A Illa Birnie é unha illa seca, cuberta por máis arbustos baixos que vexetación alta e posúe unha lagoa seca. Debido á natureza imperturbada da illa, vexetación e grandes colonias de aves de mar, as cales nidifican no territorio, a Illa Birnie foi declarada un santuario natural en 1975.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa foi nomeada Illa Birnie en 1823 polo Capitán Emment, aínda que o nome orixinal non é totalmente coñecido. Na década de 1860, a illa foi reclamada polo Acta de Illas Guaneras para os Estados Unidos. En 1889, as illas foron declaradas un protectorado británico. Foi pensado establecer unha colonia, pero desestimouse.
A illa Birnie converteuse en parte do protectorado das illas Gilbert e Ellice en 1937. En 1979, a illa pasou a ser parte da República de Kiribati, cando este país se independizou. Os Estados Unidos levantaron o seu reclamo en 1979 grazas ao Tratado de Tarawa. Aínda está deshabitada e de cando en cando é visitada.
-
Illa Birnie, Praia
-
Faro da illa Birnie coa lagoa ao fondo
-
Lagoa da illa Birnie en agosto 2008
-
Corpo de Enxeñeiros-US Army Survey Mark na illa Birnie