Illa Boega
Aparencia
Tipo | Insua | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Vila Nova de Cerveira, Portugal | |||
| ||||
Bañado por | río Miño | |||
A Illa da Boega é unha insua portuguesa que se sitúa no río Miño entre as parroquias de Loivo e Gondarem, concello de Vila Nova de Cerveira, distrito de Viana do Castelo. É unha pequena illa con cerca de 1400 m de largo por 400 m de ancho, resultante da acumulación dos sedimentos arrastados polo río, e a súa posterior cobertura por vexetación herbácea. A illa está bordeada por unha fileira de árbores (amieiros, salgueiros e acacias), co seu interior forrado con herba, utilizado para o pastoreo.