Illa Ellef Ringnes
Ellef Ringnes Island (en) Île Ellef Ringnes (fr) ![]() | |||||
Epónimo | Ellef Ringnes (en) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Canadá | ||||
Territorio | Nunavut ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 0 ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 11.295 km² ![]() | ||||
Medición | 110 (![]() ![]() | ||||
Bañado por | Océano Ártico ![]() | ||||
Altitude | 260 m ![]() | ||||
A Illa Ellef Ringnes é unha das Illas Sverdrup en Nunavut, Canadá. Atópase ao leste da Illa Borden e ao oeste da Illa de Amund Ringnes, e posúe unha área de 11.295 km², o que a converte na 69 illa máis grande do mundo e a 16 do Canadá. A estación meteorolóxica de Isachen atópase na costa occidental da illa. A súa altura máxima é 260 m.
A illa recibe o seu nome en honor a Ellef Ringnes, un dos financiadores da expedición de Otto Sverdrup. A illa foi reclamada por Noruega desde 1902 ata 1930 onde se desistiu en favor do Canadá.
A illa Ellef Ringnes foi a última masa de terra na que estivo situado o Polo Norte Magnético. En abril e maio de 1994, Larry Newitt, do Servizo Xeolóxico do Canadá e Charles Barton, da Organización Xeolóxica Australiana, levaron a cabo un estudo para determinar a posición do Polo Norte Magnético naquela época. Estableceron un observatorio magnético provisional na Illa Lougheed, preto do lugar onde se había predecido que se atopaba o polo. Estes científicos determinaron a posición do polo. Estableceron que en 1994 en Polo Norte atopábase na Península Ónice, ao suroeste da Illa Ellef Ringnes, nas coordenadas 78.3° N, 104.0° W. O polo pasou pola illa aquel mesmo ano e actualmente atópase a uns 400 km cara ao noroeste.

Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Ellef Ringnes ![]() |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ellef Ringnes Island in the Atlas of Canada – Toporama; Natural Resources Canada