Saltar ao contido

Illa Hall, Ártico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Hall, Ártico
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deTerra de Francisco Xosé Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaTerra de Francisco Xosé Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaÓblast de Arjánguelsk, Rusia Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMar de Barents Editar o valor en Wikidata
Mapa
 80°19′10″N 57°59′05″L / 80.3194, 57.9847
Bañado porOcéano Ártico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude230 m Editar o valor en Wikidata
Superficie1.049 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1873 Editar o valor en Wikidata

Illa Hall (en ruso: Остров Галля; Ostrov Gallya) é unha illa na Terra de Francisco Xosé, no Óblast de Arkhanguelsk, Rusia.

Esta illa foi descuberta o 30 de agosto de 1873 pola Expedición Austro-Húngara do Polo Norte. Era a primeira illa importante do grupo de Francisco Xosé na cal os membros da expedición puxeron o pé.

En 1898-99 construíuse un pequeno campamento en Mys Tegetkhof (Cabo Tegethoff, 80°05′N 58°01′L / 80.083, -58.017), pola expedición de Walter Wellman. Contén un poste que conmemora o descubrimento do arquipélago. O cabo Tegethoff foi chamado así pola a nave principal dos exploradores austro-húngaros, que á súa vez chamábase así na honra do almirante austríaco Wilhelm von Tegetthoff.[1][2]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Illa Hall está case completamente cuberta de xeo. O seu punto máis alto ten 502 m. e é o cume da "Kupol Moskvy" (Купол Москвы) que cobre a parte central da illa. Ademais hai un glaciar que remata na beira sur, o glaciar Sonklar.[3]

As únicas áreas relativamente grandes e libres do xeo permanente atópanse no seu extremo sur, onde hai dous cabos, o Cabo Tegethoff (Mys Tegetkhoff) e o Cabo Ozernyy (Mys Ozernyy), na Península de Littrov, («Poluostrov Littrova»). Tamén hai unha pequena área non glaciar ao redor da súa capa oriental, Mys Frankfurt, e outra no seu punto noroeste, o Cabo Wiggins (Mys Uigginsa).

A superficie da illa Hall é de 1049 km² e é unha das illas máis grandes do grupo. Hai unha ancha baía no lado sueste da illa Hall coñecida como baía Hydrographer (Zaliv Gidrografov) e unha máis pequena ao oeste da península de Littrov chamada Bukhta Surovaya.

A illa Hall está situada moi preto das beiras do leste da illa de MacKlintok, separada dela por un estreito. Ao sueste hai un estreito máis ancho que separa a illa Hall da illa de Salm coñecida en ruso como Proliv Lavrova. O estreito ao leste é o Avstriskiy Proliv grande.

A illa Hall foi chamada así polo explorador ártico americano Charles Francis Hall.

Illas adxacentes menores

[editar | editar a fonte]
  • Xusto na costa norte da illa Hall atópanse tres pequenos illotes chamados Brown Islands (Ostrova Brounova). Foron chamadas na honra de George Brown, da Royal Navy, que foi na expedición 1850-1854 na procura de Sir John Franklin, baixo o mando do Capitán R. M'Clure, no Investigator.
  • 6 km ao oeste do cabo do noroeste da illa Hall atópase a illa Newcomb (Остров Нюкомба, Ostrov N'yukomba). Sen xeo o punto máis alto está a 67 m. Esta illa foi chamada así por Raymond Le Newcomb, o oficial naval a cargo da partida de 1882-84 que buscaba a desafortunada expedición de DeLong no buque Jeannette.
  • A 1´5 km. ao nodés da baía oriental de Hall atópase a pequena e escarpada illa de (Остров Бергхауз, Ostrov Bergkhauz), alcanzando unha altura de 372 m. sen xeo. Esta illa foi chamada así polo cartógrafo Heinrich Berghaus (1797-1884).
  1. Travellers and Explorers, 1846–1900. § 35. Arctic Exploration.
  2. "Franklin Expedition and Arctic Exploration collection". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2007. Consultado o 16 de setembro de 2017. 
  3. "Kupol Moskvy". Mapcarta. Consultado o 6 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]