Illa Jarvis
(en) Jarvis Island | |||||
Tipo | espazo natural protexido Área insular dos Estados Unidos illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Edward, Thomas and William Jarvis (en) | ||||
Parte de | Illas da Liña Central Line Islands (en) | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas da Liña | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Illas ultramarinas dos Estados Unidos, Estados Unidos de América | ||||
Localización | Océano Pacífico | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Pacífico | ||||
Características | |||||
Altitude | 7 m | ||||
Dimensións | 1,7 () × 2,9 () km | ||||
Punto máis baixo | Océano Pacífico | ||||
Punto máis alto | valor descoñecido (7 m ) | ||||
Superficie | 4,75 km² | ||||
Categoría Ia da UICN: reserva natural estrita | |||||
World Database on Protected Areas | |||||
Identificador | 2931 | ||||
Historia | |||||
Data de creación ou fundación | 1935 | ||||
Cronoloxía | |||||
21 de agosto de 1821 | primeiro avistamento | ||||
1841 | Expedição de Exploração dos Estados Unidos (pt) | ||||
27 de febreiro de 1858 | Anexión | ||||
1858-1879 | minaría de guano | ||||
1886-1899 | minaría de guano | ||||
26 de marzo de 1935-7 de febreiro de 1942 | Programa de Colonización das Illas Americanas Ecuatoriais | ||||
Data de descuberta ou invención | 1821 | ||||
Actividade | |||||
Operador | United States Fish and Wildlife Service (pt) | ||||
Jarvis é unha illa deshabitada de 4,5 km² localizada a 0°22' a Sur e 160°03' a Oeste, no sur do océano Pacífico, aproximadamente na metade do camiño entre o Hawai e as Illas Cook. É un territorio dependente dos Estados Unidos, administrado de Washington pola United States Fish and Wildlife Service, que é parte da United States Department of the Interior, controlada polo sistema da National Wildlife Refuge.
A illa foi descuberta en 21 de agosto de 1821 polo navío británico Eliza Francis, e foi nomeada polo seu comandante, Capitán Brown. Ela foi anexada polos Estados Unidos en 1858, mais abandonada en 1879 despois que toneladas de guano foran xa quitadas. A Gran Bretaña anexou a illa en 1889, mais nunca realizou planos de exploración. Os depósitos de guano foron minerados ata o final do século XIX. Os EUA ocuparon e reclamaron a illa en 1935.
O poboado de Millersville, na parte oeste da illa, foi utilizado como unha estación meteorolóxica de 1935 ata o inicio da segunda guerra mundial, cando foi entón abandonado; só foi reocupado en 1957 por científicos, durante o Ano Internacional da Xeofísica, porén novamente abandonado en 1958.
A visita pública á Illa Jarvis require unha licenza especial da U.S. Fish and Wildlife Service, e é xeralmente restrinxido a científicos e educadores. A illa é visitada anualmente pola U.S. Fish and Wildlife Service e pola Garda Costeira Americana.
Non hai portos nin peiraos na illa, mais hai puntos de ancoradoiro próximos á costa. Só hai área de desembarque de barcos no medio da costa oeste e outro preto da parte suroeste da illa. Un faro diúrno érguese no medio da costa oeste.
O clima é tropical, con escasas choivas, ventos constantes e sol forte. Variando do nivel do mar a 7 metros de altura, o terreo é areoso, e a illa de corais é circundada por unha estreita orla de arrecifes. Os seus pequenos gramados, as súas viñas, e os seus arbustos son, principalmente, un hábitat para aniñaren e alimentárense paxaros mariños, costeiros, e a vida mariña. Non hai auga mineral na illa.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- República de Howland, Baker e Jarvis[Ligazón morta] : A realidade das micronacións (En inglés).
- Jarvis Island Home Page : Site con fotos, clima e máis (En inglés).