Illa Juan de Nova
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Territorio reivindicado por | Madagascar e Francia ![]() | ||||
Estado | Francia | ||||
Territorio dependente | Terras Austrais e Antárticas Francesas | ||||
Grupo | Illas dispersas do Océano Índico ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 15 ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4,8 km² ![]() | ||||
Medición | 1,6 (![]() ![]() | ||||
Bañado por | Canle de Mozambique ![]() | ||||
Altitude | 10 m ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Juan de Nova é unha pequena illa, de 4,4 km²,(sobre 6 km de longo e 1,6 de ancho) pertencente a Reunión que leva o nome do navegante galego Joan de Novoa, onde este pasou o inverno de 1505 tras ser repelido o seu barco por unha treboada no Cabo de Boa Esperanza.
Sitúase na canle de Mozambique, entre Madagascar e Mozambique, e é unha posesión francesa dende 1897. Na segunda guerra mundial foi abandonada e recibiu a visita de submarinos alemáns. A partir de 1968 comezaron a explotarse os depósitos de guano (fosfatos).
Na actualidade é unha reserva natural que está deshabitada, e nela só existe un pequeno aeródromo (cunha pista de 1,2 km) e unha base meteorolóxica do exército francés cunha pequena gornición de 14 homes. É administrada polo administrador superior das Terras Austrais e Antárticas Francesas (TAAF) e a República de Madagascar reclama a súa soberanía.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Juan_de_Nova_Island_and_reef_land_cover_map-fr.jpg/400px-Juan_de_Nova_Island_and_reef_land_cover_map-fr.jpg)
-
Vista de Juan de Nova en marea baixa.
-
Vista da praia de Juan de Nova desde a maleza.
-
Imaxe de satélite da illa Juan de Nova
-
Mapa