Illa Londonderry
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Arquipélago de Terra de Fogo | |||
Localizado na área protexida | Parque Nacional Alberto de Agostini | |||
Localización | ||||
División administrativa | Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena, Provincia Antártica Chilena e Cabo de Hornos, Chile | |||
| ||||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Características | ||||
Altitude | 191 m | |||
Superficie | 643 km² | |||
A illa Londonderry forma parte do arquipélago de Terra de Fogo situado na rexión austral de Chile. Pertence ao sector que para o seu estudo denominouse como das illas do sur e sueste.
Administrativamente pertence á Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena, Provincia da Antártica Chilena, comuna Cabo de Fornos. A illa queda dentro do Parque Nacional Alberto de Agostini.[1]
A illa chamouna así o capitán do HMS Beagle, Robert FitzRoy, cuxo avó materno foi o primeiro marqués de Londonderry, un par escocés do Ulster.
Historia
[editar | editar a fonte]Desde hai aproximadamente 6000 anos ata metade do século XX as súas costas foron habitadas polos pobos kawésqar e yámana. A comezos do século XXI estes pueblso foran practicamente extinguidos pola acción do home branco.
Debido ao seu carácter montañoso e accidentado e á carencia de recursos, a illa estivo deshabitada e só de cando en vez foi percorrida por membros dos pobos kawésqar e yámana.
A illa queda en territorio kawésqar, pero era visitada frecuentemente polos indíxenas yámanas quen acudían a buscar nela e outras illas próximas a pirita de ferro, [2]mineral co que conseguían as faíscas necesarias para acender lume.[3]
Forma parte do Parque nacional Alberto de Agostini dependente da Corporación Nacional Forestal.
Durante os meses de febreiro e marzo de 1830 o comandante Robert Fitzroy co HMS Beagle fondeou en caleta Doris e en porto March buscando unha embarcación que lle roubaran os indíxenas, aproveitou para traballar no levantamento da zona. Londonderry está situada entre ambos fondeadoiros. [4]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ten unha orientación O-E cun longo de 40 km. nesa dirección e de 14´5 km. no seu maior largo. A súa costa é de contornos moi irregulares. Na súa periferia fórmanse moitas baías e penínsulas que a fan aparecer como un grupo de illas.
De relevo moi irregular, ten montañas de ata 731 metros de altura. Nas montañas do sector occidental hai varios glaciares.
Na súa costa oriental atópase o seo Luisa que penetra 27 km. dentro da illa. Na súa boca atópase, entre outras, a illa Cook de gran tamaño.
Polo seu lado norte corren as canles Ballenero e O'Brien, polo leste a canle Thomson a separa das illas Darwin, Thomson e Hoste, polo sur a bañan as augas do océano Pacífico e polo oeste o paso Adventure a separa da illa Stewart. [5]
Clima
[editar | editar a fonte]No sector da illa domina case permanentemente o mal tempo, cae copiosa choiva e o ceo está nubrado. O clima considérase de carácter marítimo, con temperaturas parellas durante todo o ano. O vento predominante é do oeste e sopra case en forma continua e sen interrupción. Pódese dicir que o réxime permanente é de mal tempo baixo todas as súas formas. [5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ministerio de Bienes Nacionales (1985). "Parque Nacional Alberto de Agostini" (en español).
- ↑ Chapman 2012, p. 152-153-243.
- ↑ Tanto Fitz Roy como Emperaire además de Chapman se refieren a los lugares donde obtenían la pirita para hacer fuego
- ↑ King 1839, pp. 406-408-417.
- ↑ 5,0 5,1 Instituto Hidrográfico 1958, p. 160.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Londonderry |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Instituto Hidrográfico, Armada de Chile (1958). Derrotero de la Costa de Chile Volumen V (en español) (4 ed.). Instituto Hidrográfico de la Armada.
- Instituto Geográfico Militar (1970). Atlas de la República de Chile. Santiago - Chile - Instituto Geográfico Militar. Segunda edición.
- Instituto Hidrográfico de la Armada de Chile (1974). Atlas Hidrográfico de Chile. Valparaíso - Chile - Instituto Hidrográfico de la Armada. Primera edición.
- CONAF, Chile (2013). "Parque Nacional Alberto de Agostini". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.
- Solana A, Francisco (1899). Universidad de Toronto, ed. Diccionario geográfico de la República de Chile (en español) (2 ed.). Robarts. Consultado o 2014.