Saltar ao contido

Illa Malden

Modelo:Xeografía físicaIlla Malden
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas da Liña
Central Line Islands (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas da Liña Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaKiribati Editar o valor en Wikidata
Mapa
 4°01′00″S 154°56′00″O / -4.0166666666667, -154.93333333333
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións8 (lonxitude) km
Superficie39,3 km² Editar o valor en Wikidata

A Illa Malden, historicamente chamada tamén Illa Independence, é unha illa pequena e inhabitada do océano Pacífico central. Forma parte das Illas da Liña, pertencentes á República de Kiribati. É famosa polas súas misteriosas construcións megalíticas: pirámides, plataformas, templos e estradas. Tamén é o lugar da primeira proba nuclear inglesa en 1957.

Foi descuberta o 30 de xullo de 1825 polo capitán inglés George Anson (Lord) Byron, curmán do poeta, mentres estaba repatriando os restos do Rei e a Raíña de Hawai, que morreran de sarampelo durante a súa visita a Londres. Byron nomeou a illa en honra do lugarteninente Charles Malden, que a explorou.

A illa estaba inhabitada, pero se atoparon unhas construcións megalíticas notables e estrañas. Especulouse moito sobre a súa orixe e as súas funcións, pero ata agora as conclusións arqueolóxicas apuntan a unha orixe polinesia.

Durante a primeira metade do século XIX a illa foi visitada en numerosas ocasións por baleeiros norteamericanos. Foi reclamada polos Estados Unidos co propósito de recoller guano (segundo o Acta de Illas Guaneras), pero se adiantaron os británicos, quen a explotaron durante sesenta anos.

En 1957 Malden foi utilizada polos británicos para facer tres probas termonucleares atmosféricas. Os Estados Unidos continuaron disputando a soberanía aos británicos ata a independencia de Kiribati en 1979.