Saltar ao contido

Illa Margarita, Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIlla Margarita, Colombia
Imaxe

Localización
Mapa
 9°05′02″N 74°30′00″O / 9.0839, -74.5
CapitalSanta Cruz de Mompox Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación117.210 Editar o valor en Wikidata (55,81 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.100 km² Editar o valor en Wikidata
Medición40 (ancho) × 90 (lonxitude) km
Bañado porRío Magdalena Editar o valor en Wikidata
Altitude10 m Editar o valor en Wikidata

A illa Margarita[1] ou Illa Mompox,[2] localízase no Departamento de Bolívar[3] sobre a rexión da depresión momposina.[2] É a illa fluvial máis grande de Colombia, onde os brazos Mompox e de Loba fan que o río Cauca desemboque no río Magdalena.

Nos seus territorios atópanse os municipios de Santa Cruz de Mompox, Cicuco, Hatillo de Loba, Margarita, San Fernando e Talaigua Nuevo.[2] A illa limita ao norte co municipio de Magangué, o centro financeiro máis grande do centro e sur de Bolívar, ao occidente co departamento de Sucre e ao oriente co de Magdalena.

Na illa atópanse especies de peixes, de anfibios, tortugas e lontras. A flora en tanto está composta por cantagallo, mangleiro, pemento, coquillo ou cocuelo e campano.

  1. Getamap.com. "Información de Isla Margarita". Consultado o 15 de setembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Vilora de la Hoz, Joaquín. "La economía anfibia de la isla de Mompox" (PDF). Consultado o 5 de febreiro de 2015. 
  3. Traveling.com. "Isla Margarita". Consultado o 15 de setembro de 2011.