Illa Maurelle
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Francisco Mourelle de la Rúa | ||||
Parte de | Illas Discovery | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas Discovery | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Columbia Británica, Canadá | ||||
| |||||
Bañado por | Salish Sea (en) | ||||
Illa Maurelle é unha illa da Columbia Británica, Canadá. Forma parte das Illas Discovery entre a illa de Vancouver e o continente, entre o estreito de Xeorxia e o estreito de Johnstone.[1]
A illa Maurelle está situada ao nordés da Illa Quadra, ao sueste da Illa Sonora e ao norte de Illa Read dentro da Área Electoral C do Distrito Rexional Strathcona. A illa está separada do continente pola canle Calm, desde illa Quadra pola canle Okisollo, desde Illa Read pola Pasaxe Whiterock e desde Illa Sonora por un pequeno estreito chamado Hole in the Wall. O estreito paso entre a illa Quadra e Antonio Point, a punta sur da illa de Maurelle, coñécese como Surge Narrows.
No seu extremo sur atópase o parque provincial Surge Narrows, cunha extensión de 488 hectáreas nunha contorna en que os cambios de mareas e a abundancia de arrecifes favorecen a vida mariña, con abundancia de estrelas de mar, anémonas, ourizos e cogombros de mar, etc. Pola extremada forza das correntes producidas nas canles entre as illas veciñas nos cambios de mareas, o parque é tamén moi apreciado para a práctica de deportes náuticos como o kaiak.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O nome da illa foi inscrito oficialmente en 1903 no Geographical Names Board of Canada (Consello de Nomes Xeográficos do Canadá), en recoñecemento ao navegante galego Francisco Mourelle de la Rúa (1750-1820), que en 1775 explorara estas costas como axudante do oficial Quadra.[3]
En 1779 tivo lugar unha segunda expedición comandada polo militar español Ignacio de Arteaga, con dous navíos, un ao mando del mesmo e o outro capitaneado por Quadra, con Mourelle novamente como segundo de a bordo. A partir dos datos destas viaxes, Maurelle confeccionou e publicou varias cartas destas costas.[3]
Legado
[editar | editar a fonte]A illa Maurelle chámase así en recoñecemento deste mariño galego.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Museo Naval (2919).
- ↑ "Surge Narrows Provincial Park". British Columbia.com
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Walbran, John T. (1909). Páxina 326.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Maurelle |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Museo Naval (2919). ¿Sabes que unha illa en Canadá leva nome de mariño galego?. En La Voz de Galicia. Ed. Ferrol. 14 de setembro de 2019.
- Walbran, John T. (1909). British Columbia coast names, 1592-1906 : to which are added a few names in adjacent United States territory, their origin and history. Ottawa Government Printing Bureau.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Maurelle Island[Ligazón morta][Ligazón morta], BCGNIS
- Base Map Online Store, TRIM 1:20,000 Digital Base Maps, British Columbia Integrated Land Management Bureau, Base Mapping and Geomatic Services