Saltar ao contido

Illa Montague, Alasca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Montague, Alasca
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaChugach Census Area, Estados Unidos de América (en) Traducir e Região Censitária de Valdez-Cordova, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 60°06′33″N 147°20′28″O / 60.1092, -147.3411
Bañado porGolfo de Alasca Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións20 (ancho) × 81 (lonxitude) km
Superficie722 km² Editar o valor en Wikidata

A illa Montague é unha illa no Golfo de Alasca situada á entrada do Estreito Prince William no estado de Alasca. A illa ten unha superficie de terra de 790,88 km², a 26ª máis grande dos Estados Unidos. Segundo o censo de 2000, Montague non tiña unha poboación residente permanente, nese momento era a illa deshabitada máis grande dos Estados Unidos.[1] En 2010 o abandono da estación da Garda Costeira na Illa de Attu nas Illas Aleutianas, que ten 893 km² e é máis grande que a Illa Montague, fai que Attu reclame ese título. A illa de Montague é moi coñecida entre os pescadores deportivos polo porto de Seward que se coñece como "a terra dos xigantes". En 2007 pescouse un mero de 158 quilos e moitos barcos logran peixes de máis de 45 quiloss. Montague foi bautizada polo Capitán James Cook na honra de John Montagu, 4º Conde de Sandwich, un dos seus máis grandes partidarios.

A ecoloxía costeira da illa estivo suxeita a "cantidades sen precedentes de lixo oceánico" transportado polo vento e as correntes do Terremoto e tsunami de Sendai de 2011 no Xapón, de acordo co Centro de Estudos Costeiros de Alasca, en maio de 2012.[2] Unha limpeza a grande escala comezou o 22 de maio de 2012, financiado pola The Marine Conservation Alliance Foundation.

  1. Montague Island: Block 1061, Census Tract 3, Valdez-Cordova Census Area, Alaska Arquivado 11 de febreiro de 2020 en Archive.is United States Census Bureau
  2. Patrick Chandler, Special Programs Coordinator (15 de maio de 2012). "The First Wave of Tsunami Debris Cleanup" (PDF). Center for Alaskan Coastal Studies. Consultado o 24 de maio de 2012. [Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]