Saltar ao contido

Illa Mujeres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Mujeres
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIsla Mujeres, México (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 21°14′00″N 86°44′00″O / 21.2333333, -86.7333333
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1 m
4 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións0,65 (ancho) × 7 (lonxitude) km
Superficie4,218 km² Editar o valor en Wikidata

Sitio webislamujeres.gob.mx Editar o valor en Wikidata

Illa Mujeres sitúase no mar Caribe, moi preto da península do Iucatán, ao sueste de México. A illa constitúe parte dun dos oito municipios do Estado de Quintana Roo, o municipio de Illa Mulleres (que inclúe parte do territorio continental) e sitúase a trece quilómetros da cidade de Cancún, o principal polo turístico da rexión. A illa ten unha superficie duns 7 km de longo e 650 metros de ancho.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Illa Mujeres foi descuberta polos españois durante unha expedición comandada por Francisco Hernández de Córdoba no ano de 1517. En tempos prehispánicos a illa estaba consagrada a Ixchel, deusa maia da Lúa, o amor e a fertilidade, a cal recibía ofrendas con formas femininas que os crentes depositaban nas súas praias. Ao chegar os conquistadores españois e observar as figuras, bautizárona como Illa Mujeres.

Ao sur da illa álzase un faro maia, un dos poucos edificios precolombianos que sobreviviron á destrución dos conquistadores.

Illa Mujeres é unha illa que se localiza cruzando a baía desde Cancún. As súas augas mornas e transparentes son o fogar perfecto para os golfiños e tartarugas, e nadar con eles é unha das máis atractivas actividades que poden realizarse aquí. Para chegar á illa, hai que tomar un transbordador desde Puerto Juárez ou un transbordador desde Punta Sam (coches) e gozar da incrible paisaxe durante os 15 minutos que dura a travesía desde Puerto Juárez (Cancún) ou os 45 minutos desde Punta Sam.

Este é un lugar con historia e praias espectaculares. Na punta sur da illa hai vestixios dun templo maia. Os arqueólogos saben que Illa Mujeres foi un santuario dedicado a Ixchel, deusa maia da fertilidade e que as mulleres maias debían facer unha peregrinación á illa como parte do seu paso de nena a muller. Hoxe, a peregrinación á illa lévana a cabo os amantes dos animais mariños e da beleza da súa natureza tropical. Illa Mujeres foi tamén refuxio e fogar de famosos piratas, realmente tratantes de escravos, como Fermín Mundaca de Marecheaga.

A Illa volveuse mundialmente famosa nos anos 70, cando A Cova das Quenllas Durmidas foi presentada ao mundo polo famoso mariño mexicano Ramón Bravo Descuberta polo mergullador insular para todos coñecido por Válvula home capaz de soster as súas respiración por moito tempo baixo os 70 pés de profundidade. A illa tamén é coñecida polas súas fermosas paisaxes submarinas, sitios excelentes para realizar esnórquel e mergullo, e pola rica biodiversidade que ofrece. Outro atractivo interesante da illa que vale a pena visitar é o parque "El Garrafón" onde se pode practicar snorkel, snuba, trek mariño, kaiak entre outros, ademais inclúe unha pequena zona arqueloxica que foi dedicada a Ixchel.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]