Illa Necker, Illas Virxes
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Illas Virxes | ||||
Situado na entidade xeográfica | Illas Virxes | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Illas Virxes Británicas - British Virgin Islands, Reino Unido | ||||
| |||||
Bañado por | Mar Caribe | ||||
Características | |||||
Altitude | 16 m | ||||
Dimensións | 0,65 () × 0,84 () km | ||||
Superficie | 74 acre | ||||
Actividade | |||||
Propietario | Richard Branson | ||||
Sitio web | virginlimitededition.com… | ||||
Illa Necker (inglés Necker Island) é unha illa de 30 hectáreas[1] no arquipélago das Illas Virxes Británicas xusto ao norte de Virgin Gorda no Caribe pertencentes a Reino Unido. Os terreos da illa son propiedade de Sir Richard Branson, presidente do Grupo Virgin, e forma parte da carteira de Virgin Limited Edition de propiedades de luxo. Toda a illa funciona como un resort e pode acomodar ata 34 hóspedes, con espazo adicional para seis nenos.[2]
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa Necker está situada no mar Caribe a 11 km ao nordés da illa principal de Tórtola e a 5´9 km ao norte da Virgin Gorda e ao nordés de Prickly Pear e tamén da illa Mosquito (ás veces chamada Moskito Island), que tamén é propiedade de Branson. As Illas Virxes Británicas (IVB) son un grupo de illas que se atopa a preto de 1815 km. ao sueste de Miami, Florida, 184 km., ao leste de San Xoán de Porto Rico, e preto de 175 km. ao noroeste de Saint-Barthélemy.
A illa é de orixe volcánica, ten unha superficie de ao redor de 0,3 km² e está rodeada por un arrecife de coral. Devil´s Hill ten a altura máxima cuns 50 metros sobre o mar
É unha illa de propiedade privada e non ten poboación permanente. Á illa só se pode chegar por helicóptero ou barco, o transbordador desde Tórtola tarda uns 30 minutos e desde Virgin Gorda uns 15 minutos.
Historia
[editar | editar a fonte]Illa Necker foi descuberta en 1493 por Cristovo Colón, durante a súa segunda viaxe ó Novo Mundo. Probablemente estivo sempre deshabitada ata finais do século XX.
A illa recibiu o nome de comandante da escuadra neerlandesa do século XVII,capitán Johannes de Neckere.
En 1672 a illa incorporouse á colonia británica de Antiga. En 1773 converteuse con outras illas no territorio das Illas Virxes Británicas.
En 1979 comprou a illa o aventureiro e empresario Sir Richard Branson. Tomoulle preto de 3 anos e 10 millóns de dólares transformar a illa nun complexo privado de luxo. A illa pode acomodar a 28 persoas e alúgase por 46.000 dólares por día.
O turismo é a única fonte de ingresos da illa, alugándose a persoas famosas que queren pasar as súas vacacións na illa.
Compra da illa por Richard Branson
[editar | editar a fonte]Richard Branson soubo que algunhas das illas das Illas Virxes Británicas estaban á venda en 1978. Pouco despois Branson foi ás Illas Virxes Británicas de vacacións para investigar os posibles negocios inmobiliarios. ao observar as illas por primeira vez, pensou usalas para vendelas a estrelas do rock da súa discográfica. Percorreu as illas en helicóptero a última illa que viu foi a illa de Necker e, despois de subir ao outeiro e quedar sorprendido pola vista e a vida salvaxe, decidiu mercar a illa. Despois de facer unha oferta de baixo valor de 100.000 dólares por unha illa de 6 millóns de dólares (debido aos seus fondos relativamente modestos naquel momento na súa carreira), foi rexeitado e escoltado de volta ao continente. Un ano despois, o propietario, John Lyttelton, 11º Vizconde de Cobham, necesitado de capital a curto prazo, finalmente vendeulla por 120.000 dólares.[3] (Algunhas fontes afirman que Branson mercou a illa por 180.000 dólares),[4] aínda que o propio Branson dixo a comprou por 120.000.[5] Non obstante, o goberno impuxo unha restrición aos propietarios estranxeiros, o novo propietario tiña que desenvolver un resort dentro dos catro anos seguintes ou a illa volvería ao estado. Branson comprometeuse a construír un resort na súa illa dos seus soños tropicais.
Cando Branson mercou a illa, estaba deshabitada.[6] El mercou a illa aos 28 anos, apenas seis anos despois de comezar co Grupo Virgin. Tardou tres anos e uns 10 millóns de dólares en convertela nunha illa privada. Usando pedra local, frondosas brasileiras, antigüidades asiáticas, alfombras indias, pezas de arte e tecidos e mobles de bambú de Balí, os arquitectos e deseñadores crearon unha vila en estilo balinés de 10 dormitorios na parte superior dun outeiro sobre a praia. Cada un dos dez dormitorios ten paredes abertas, ofrecendo unha vista de 360 graos. A illa ten unha capacidade de aloxamento para 30 persoas e alugase por 65.000 dólares por día, 2.167 dólares por persoa e día. O custo de aloxamento inclúe o acceso a dúas praias, piscinas privadas, pistas de tenis, vistas escénicas, un chef persoal, un equipo de preto de 100 empregados e unha ampla gama de equipos para deportes acuáticos.[7][8]
Privacidade e acceso
[editar | editar a fonte]Aínda que os terreos da illa son de propiedade privada, de acordo a lei británica das Illas Virxes, todas as praias ata a liña da marea alta son terras da coroa e están abertas ao público.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Margie Goldsmith (9 December 2013). "Where to vacation when you win the lottery". The Globe and Mail Inc. Consultado o 22 de xaneiro de 2017.
Sir Richard Branson looks out at the glittering turquoise sea from a terrace of the Great House on Necker Island, his 30-hectare private paradise in the British Virgin Islands.
- ↑ Contact Us | Necker Island
- ↑ Rubenstein, David; Branson, Richard (25 de xullo de 2018). The David Rubenstein Show: Richard Branson. Bloomberg (en inglés). Escena en 16:02. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ Wang, Amy B.; Horton, Alex (8 de setembro de 2017). "Richard Branson emerges from wine-cellar bunker after Irma ‘utterly devastated’ his private island". The Washington Post. Consultado o 28 de febreiro de 2019.
- ↑ Branson, Richard. "A gorgeous girl named Joan, a Virgin Island & an unacceptable offer". Virgin.com. Consultado o 9 de febreiro de 2017.
- ↑ "Necker Island". Private Islands Online. Private Islands Inc. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2008. Consultado o 24 de agosto de 2019.
- ↑ Richard Branson's treasure island where world's richest celebrities holiday, CNN, 2014-08-21. accessed 2015-05-15.
- ↑ Necker Island prices, accessed 2015-05-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Necker, Illas Virxes |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial da illa Necker[Ligazón morta]– Sitio web Virgin Limited Edition (en inglés)
- Necker Island photographic guide enThe Paradise Island (en inglés)