Saltar ao contido

Illa Perdiguera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Perdiguera
Imaxe
Tipomontaña
illa Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaRexión de Murcia, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 37°42′06″N 0°47′59″O / 37.701731, -0.799742
Bañado porMar Menor Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie25,8 ha Editar o valor en Wikidata

A Illa Perdiguera é unha illa volcánica situada no centro do Mar Menor, non lonxe da Illa Mayor (Murcia, España). Cara ao Sueste escíndese nunha península que non supón senón un illote unido á Illa Perdiguera por un tómbolo; esta península adóitase considerar como illa, á que se denomina Illa Esparteña, por abundar nela o esparto. A illa Perdiguera é a segunda máis grande das que salpican o Mar Menor (25'8 hectáreas) e tamén a máis degradada debido ao turismo. Conta con seis embarcadoiros e tres restaurantes situados no istmo que une a illa coa península de Illa Esparteña. Espalladas pola illa hai varias construcións, gran parte delas en ruínas. Moi frecuentada polos excursionistas e veraneantes; hai servizos regulares de barcos desde o 5 de xuño ata o 30 de decembro, que saen desde Santiago de la Ribera e Los Alcázares. Paisaxe Protexida.