Saltar ao contido

Illa Richards

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Richards
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaTerritorios do Noroeste, Canadá Editar o valor en Wikidata
Mapa
 69°20′00″N 134°30′10″O / 69.3333, -134.5028
Bañado porMar de Beaufort e Río Mackenzie Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións42 (ancho) × 85 (lonxitude) km
Superficie2.165 km² Editar o valor en Wikidata

A illa Richards é unha illa deshabitada do ártico canadense localizada en augas do mar de Beaufort, pertencente aos Territorios do Noroeste, Canadá.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Illa Richards está localizada moi próxima á fronteira occidental con Alasca, no delta do río Mackenzie, sendo a maior illa do esteiro. Está separada de terra, no seu extremo oriental, pola canle principal do Mackenzie e a canle Reindeer é o seu límite occidental.[1]

Ten unha superficie de 2.165 km², sendo, por tamaño, a 35ª do Canadá e a 196ª do mundo. É unha illa moi baixa, de tipo estuarino, atravesada por pequenas canles, zonas húmidas e centos de pequenos lagos e lagoas (cunha media de 33 ha de tamaño). Ten unha lonxitude duns 85 km en dirección E-W e uns 40–50 km de anchura, aínda que é difícil precisar os seus límites. A súa costa norte está exposta ás augas do mar de Beaufort, un dos mares do océano Ártico.

Unha cuarta parte da illa está cuberta de auga, unha complexa rede de canles e lagos entrelazados divididos polas canles maiores do delta. as correntes. Moitos dos lagos son formacións termocársticas, depresións formadas pola fusión parcial do permafrost subxacente recheas de auga.

Na zona hai importantes xacementos de petróleo e gas. Foi chamada así polo naturalista John Richardson en 1826 na honra do Gobernador do Banco de Inglaterra, John Baker Richards.[2]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]