Saltar ao contido

Illa Sombrero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Sombrero
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deAntillas Menores Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaAntillas Menores Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaReino Unido Editar o valor en Wikidata
Mapa
 18°35′21″N 63°25′31″O / 18.5892, -63.4253
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións0,4 (ancho) × 1,5 (lonxitude) km
Superficie0,38 km² Editar o valor en Wikidata

A illa Sombrero é unha illa que forma parte da dependencia de Anguila, no mar Caribe. Atópase afastada do resto das illas principais, ao extremo noroeste da illa de Anguila. Ten unha área de 0´38 km² e atópase deshabitada.

O único punto de acceso está no leste da illa, e é unha escaleira metálica que salva o cantil duns 10 m de altura. Arriba hai unhas cantas construcións e dous faros en ruínas. Durante 30 anos extraeuse guano, e as construcións corresponden ás que se usaron para este fin. Actualmente hai un faro ou baliza automático.

Non ten vexetación e é unha roca moi difícil de transitar. Hai aves e lagartos. Na zona oeste hai unha gruta accesible (gruta remigio). Non dispón de ancoradoiro seguro ningún.