Illa Thurston
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
Continente | Antártida | ||||
División administrativa | Zona do Tratado sobre a Antártida (pt) | ||||
Localización | Antártida | ||||
| |||||
Bañado por | Mar de Bellingshausen | ||||
Características | |||||
Dimensións | 90 () × 215 () km | ||||
Punto máis alto | Mount Howell (en) | ||||
Superficie | 15.700 km² | ||||
A illa Thurston está cuberta polo xeo, de 215 quilómetros de longo por 90 quilómetros de ancho e 15.700 km² de área, estando ao NO da Terra de Ellsworth, na Antártida.
Características
[editar | editar a fonte]É a terceira illa máis grande da Antártida, logo da Illa Alexandre I e a illa Berkner. A illa está separada do continente polo estreito de Peacock, que está ocupado pola parte occidental da barreira de xeo Abbot.[1]
A illa foi descuberta do aire polo Contraalmirante Richard Evelyn Byrd o 27 de febreiro de 1940, quen a chamou en honra a W. Harri Thurston, fabricante téxtil de Nova York, deseñador dos protectores do vento chamados pano Byrd e patrocinador de expedicións Antárticas.
Ao principio foi cartografiada como un península, o trazo non foi recoñecido como unha illa ata 1960.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Australian Antarctic Division (ed.). "Antarctic Gazetteer: Thurston Island". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa Thurston |