Saltar ao contido

Illa de San Ambrosio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla de San Ambrosio
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas Desventuradas Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas Desventuradas Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaJuan Fernández, Chile Editar o valor en Wikidata
Mapa
 26°20′37″S 79°53′24″O / -26.3436, -79.89
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude479 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións1,5 (ancho) × 3,5 (lonxitude) km
Superficie2,2 km² Editar o valor en Wikidata

A illa de san Ambrosio é unha illa situada no océano Pacífico, forma parte das Illas Desventuradas e está baixo soberanía chilena. Pertence á provincia e comuna de Valparaíso.

Localización

[editar | editar a fonte]

Está situada fronte ao porto de Chañaral, e a uns 927 km do continente americano. A súa vexetación é pobre e escasa. Partes da illa están cubertas por fragmentos de escoura de lava volcánica.

No ano 1850, comisionado polo seu goberno para explorar a illa San Ambrosio, o tenente Parkin, do buque de HMS Portland,desembarcou nunha roca ao lado norte daquela e, con gran dificultade e riscos, puido subir ata a cima da illa, cuxas ladeiras son case verticais. Alí non achou guano, aínda que si relatou que o cume atópase cuberta cunha especie de arbustos e brezos. Ata o ano 1869, en que arribou ás illas a corveta Chacabuco, nada se sabía en relación coa súa vexetación. Con todo, nesa ocasión colleitouse unha especie en San Félix e sete en San Ambrosio. O material respectivo foi analizado polo soado naturalista alemán, afincado en Chile, Rodulfo Amando Philippi, quen emitiu un informe respecto diso.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

En San Ambrosio nidifican aves mariñas e está habitada de forma temporal por pescadores de lagostas. Ten unha superficie de 2,2 km².

Bibliografía

[editar | editar a fonte]