Illa de Santa Catalina, España
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Illa de Santa Catalina.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Cidade autónoma | Ceuta | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 0,001 km² | |||
Bañado por | Mar Mediterráneo | |||
Altitude | 70 m | |||
A illa de Santa Catalina é unha illa española situada na contorna da península de Almina, en Ceuta.
Nos anos 80 e 90 do século XX foi sepultada e unida a terra firme, debido ao desmesurado crecemento dos refugallos vertidos no vertedoiro da cidade.
Nos últimos anos a Área de Costas e Medio mariño do Ministerio de Medio Ambiente levou a cabo obras de traslado, selado e acondicionamento do antigo vertedoiro de residuos sólidos urbanos de Santa Catalina de Ceuta, nas cales se limpou e rehabilitou a illa e a súa pequena Fortaleza Circular, usada no século XVIII como cárcere.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa de Santa Catalina, España |