Illa de Zvërnec
Aparencia
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Condado de Vlorë, Albania | |||
| ||||
Bañado por | Narta Lagoon (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 9 m | |||
Superficie | 0,09 km² | |||
A illa de Zvërnec (en albanés: Ishulli i Zvërnecit)[1] é unha illa dentro da lagoa de Narta, no sur de Albania.[1]
A illa está case toda cuberta de altos piñeiros e atópase ó leste doutra illa moito máis pequena. Mide 430 m de longo e ten unha anchura máxima de 300 m. Zvërnec está conectada ó continente por unha ponte de madeira de 270 m de longo.
A illa é unha atracción turística, xa que contén o ben conservado mosteiro bizantino de Zvërnec, do século XIII ó XIV.[2] Preto da illa atópase a vila que leva o mesmo nome.
Mosteiro de Zvërnec
[editar | editar a fonte]-
Mosteiro de Zvërnec
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 http://travelingluck.com/Europe/Albania/Vlorë/_3183592_Ishulli%20i%20Zvërnecit.html
- ↑ Elsie, Robert (2001). Balkanistica, Vol. 13: The Christian Saints of Albania. American Association for South Slavic Studies. p. 39.