Illa dels Conills
Aparencia
Tipo | illa ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Situado na entidade xeográfica | Gimnesias e Arquipélago de Cabrera ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | Palma, España ![]() | |||
| ||||
Bañado por | Mar Mediterráneo ![]() | |||
Características | ||||
Altitude | 123 m ![]() | |||
Dimensións | 1,1 (![]() ![]() | |||
Superficie | 1,375 km² ![]() | |||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
A illa dels Conills (Illa dos Coellos en galego), tamén coñecida como Conillera, é a segunda illa máis grande do arquipélago de Cabrera, nas Illas Baleares, cunha superficie de 1,37 km².[1]
Esta illa podería ser a chamada Parva Hannibalis ("a pequena de Haníbal") por Plinio o Vello, que por unha mala interpretación podería haberse convertido en Patria Hannibalis ("a patria de Haníbal"), dando lugar á lenda do nacemento de Haníbal nela. En realidade, as indicacións de Plinio son tan imprecisas que esa illa podería referirse a calquera das illas do arquipélago de Cabrera, aos illotes da baía de Palma ou outros da costa mallorquina.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arqueobalear.net" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2018. Consultado o 2017-12-30.