Illa do Pico
(pt) Ilha do Pico | |||||
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Azores | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Azores, Portugal | ||||
| |||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Características | |||||
Altitude | 2.351 m | ||||
Dimensións | 15 () × 42 () km | ||||
Punto máis alto | Montanha do Pico (pt) (2.351 m ) | ||||
Superficie | 447 km² | ||||
A Illa do Pico é a segunda maior illa do arquipélago dos Azores, e dista da illa do Faial 8,3 km e da Illa de São Jorge dista 15 km. Ten unha superficie de 447 km²; e conta cunha poboación residente de 14 148 habitantes (en 2011). Mide 50 km de longo e 20 km de anchura. Debe o seu nome a maxestosa montaña volcánica (Ponta do Pico ou Montaña do Pico) que termina nun pico pronunciado cuxo topónimo é Pico Pequeno ou Piquiño. É a máis alta montaña de Portugal e a terceira maior montaña que emerxe do Atlántico, atinxindo 2 351 metros de altitude.
Administrativamente, a illa está constituída por tres concellos: concellos das Lajes do Pico con seis freguesías, Madalena e São Roque do Pico, ambas con cinco freguesías.
Dispón en Santa Lucia, dun moderno Aeroporto Rexional con enlaces aéreas directas con Lisboa (TAP/SATA Internacional) e Terceira (Lajes) e Ponta Delgada (SATA Air Açores). Ten enlaces marítimas diarias (Transmaçor) coa cidade da Horta e vilas das Velas e Calheta. Durante os meses de verán ten tamén enlaces marítimas coas restantes illas do arquipélago.
Xeoloxía
[editar | editar a fonte]A illa emerxeu dunha fractura tectónica de orientación ONO-ESSE – a mesma que deu orixe á Illa do Faial, denominada Fractura Faial-Pico, que se desenvolve ao longo de 350 km, desde a Crista Médio Atlântica (sigla CMA) até unha área a Sur da Fossa do Hirondelle.
- Complexo Volcánico da São Roque.
- Complexo Volcánico da Lages.
- Complexo Volcánico da Madalena.
Historia
[editar | editar a fonte]A designación henriquina da illa era Ilha de São Dinis. Na cartografía do século XIV, a illa foi chamada de "Ilha dos Pombos". O seu poboamento foi iniciado en 1460, na faixa lávica das Lajes, mas tornouse definitivo en 1483, cando Joss van Hurtere mandou fundar São Mateus. O 29 de decembro de 1482, a illa é integrada na Capitanía do Faial pola Infanta D. Beatriz, en virtude de Álvaro de Orlenas non ter tomado posesión da illa.
En 1501, Lajes do Pico é elevada a Vila e sede de concello polo rei D. Manuel I. En 1542 é a vez de São Roque do Pico e en 1712, a de Madalena.
Cultura e patrimonio
[editar | editar a fonte]En xullo de 2004, o comité da UNESCO considerou a Paisaxe da Cultura da Viña da Illa do Pico como Patrimonio da Humanidade. A área engloba os lajidos das freguesías da Criação Velha e de Santa Lucia. A cultura da viña domina a parte occidental da illa, sendo o famoso "Verdello do Pico" cultivado en pequenas cuadrículas de terreo onde crecen as viñas, separados por muros de basalto negro feitos de pedra solta, chamados localmente "currais".
Pretendese constituír un Parque Nacional na Illa do Pico, englobando a área da Montaña do Pico e o Planalto Central.[Cómpre referencia] Outro patrimonio inclúe: a Gruta das Torres, na Criação Velha; as Furnas de Frei Matias; Na Madalena, Museo do Viño, instalado no antigo Convento das Carmelitas; o Museo da Indústria Baleeira, en São Roque do Pico; o Museo Rexional dos Baleeiros, nas Lajes do Pico.
Tradicións e festas
[editar | editar a fonte]Festa e Procesión do Señor Bom Jesus (São Mateus, Madalena), Semana dos Baleeiros (N. Sra. de Lurdes), Cais Agosto (Cais do Pico - S.Roque), Festa de São Roque, Festas de Santa Maria Madalena, Semana das Vendimas, Festas do Espírito Santo.
Economía
[editar | editar a fonte]Os habitantes da illa do Pico dedícanse á agricultura, á pesca e á crianza de bovinos. A viña, outrora unha das grandes riquezas da illa que producía o afamado viño do Pico, exportado para Inglaterra e para América do Norte e que chegou a ser servido á mesa do propio tsar do Imperio Ruso, foi gradualmente afectada pola praga do oídio na segunda metade do século XIX.
Actualmente, a produción é reducida e as principais fontes de rendemento no campo da agricultura son os produtos hortícolas, a froita e os cereais. A pecuaria está moi desenvolvida, especialmente no concello de São Roque do Pico. A pesca é outra actividade importante. As industrias da illa están, na súa case totalidade, ligadas ao ramo alimentario: lácteos (entre os que destaca o queixo do Pico), destilarías e moenda. No artesanado destacase a escultura en basalto e en óso de balea, ben como rendas e bordados.
-
Vista aérea de Pico
-
Pico vista desde Faial
-
Paisaxe da illa de Pico, viñedo, Criação Velha, Pico
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pico - A Ilha Montanha Atlantica, a Flickr Group with images of the island
- The Azores Islands Blogspot, with information on the Azores and Pico Island
- A Pico hike and trip report (setembro 2007)
- Visita Pico
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Illa do Pico |