Illador (xenética)
En xenética un illador (insulator en inglés) é un elemento que serve de froneira xenética na secuencia de ADN para bloquear a interacción entre os amplificadores (enhancers) e os promotores. Por tanto, os illadores determinan o conxunto de xenes que poden ser influídos por un determinado amplificador xenético. A necesidade de que existan illadores deriva de que dous xenes que están adxacentes nun cromosoma teñen patróns de transcrición moi distintos, e é fundamental que os mecanismos de indución e represión dun deles non interfiran cos do outro xene veciño; deste modo poden ser regulados independentemente.[1] Xeran compartimentos do ADN cunha regulación diferente (ou como se di en xenética cunha "paisaxe reguladora" diferente). O illador que está situado entre un amplificador e un xene impide que o amplificador actúe sobre ese xene. Ademais, os illadores impiden a formación dunha zona de heterocromatina nunha parte do ADN onde está un determinado locus, o que o silenciaría[2]. A actividade do illador crese que se realiza fundamentalmente pola estrutura tridimensional do seu ADN mediada por proteínas de unión ao ADN como a proteína CTCF.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Burgess-Beusse B, Farrell C, Gaszner M, Litt M, Mutskov V, Recillas-Targa F, Simpson M, West A, Felsenfeld G (2002). "The insulation of genes from external enhancers and silencing chromatin". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 99 Suppl 4: 16433–7. PMC 139905. PMID 12154228. doi:10.1073/pnas.162342499.
- ↑ "Genómica aplicada. Instituto Roche". Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 08 de agosto de 2013.
- ↑ Phillips JE, Corces VG (2009). "CTCF: master weaver of the genome". Cell 137 (7): 1194–211. PMC 3040116. PMID 19563753. doi:10.1016/j.cell.2009.06.001.