Saltar ao contido

Illas do Mar do Coral

Modelo:Xeografía políticaIllas do Mar do Coral
Coral Sea Islands Territory (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 19°05′27″S 150°54′06″L / -19.090833333333, 150.90166666667
EstadoAustralia Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4 (2018) Editar o valor en Wikidata (0,4 hab./km²)
Xeografía
Superficie10 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar do Coral Editar o valor en Wikidata
Organización política
Máxima autoridade xudicialTribunal Supremo da Illa Norfolk Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+10 (pt) Traducir
sen valor Editar o valor en Wikidata

Mapa das illas do Mar do Coral

O Territorio das Illas do Mar do Coral (en inglés: Coral Sea Islands Territory) está composto por un grupo de pequenas illas e arrecifes coralinos deshabitados e tropicais do Mar do Coral, ao noroeste de Queensland Australia, (coordenadas 18°N, 152°E). As illas están diseminadas nunha área de ao redor dun millón de km², pero cunha área emerxida de só 8 km² sendo o illote de Willis os máis importantes, no principal dos illotes de Willis existe unha estación meteorolóxica cuxa poboación é temporal.

O territorio abarca 780.000 km², que se estenden ao leste e ao sur desde o bordo exterior da Gran Barreira de Coral, e inclúe a illa Heralds Beacon, Arrecife Osprey, o Grupo Willis, e outros quince grupos de arrecifes/illas.[1]

As Illas do Mar do Coral describíronse por primeira vez en 1803. Nos anos 1870 e 1880, as illas foron explotadas polo guano, pero a ausencia dun fornecemento permanente de auga doce impediron a habitación a longo prazo.[1] O territorio foi creado en 1969 pola Coral Sea Islands Act (Lei de Illas do Mar do Coral) antes diso, a área era considerada parte de Queensland e ampliada en 1997 para incluír os arrecifes Middleton e Elizabeth case 800 km máis ao sur, xa no Mar de Tasmania. O territorio é unha posesión de Australia, que administra desde Canberra o Ministerio de Medio Ambiente (Australian Department of the Environment), que controla as actividades dos visitantes.

Os dous últimos arrecifes están moito máis preto da Illa Lord Howe, Nova Gales do Sur, (aproximadamente 150 km) que á illa máis meridional do resto do territorio, Illa Cato. As illas, caios e arrecifes da Gran Barreira de Coral non forman parte do territorio, pertencen a Queensland. O bordo exterior da Gran Barreira de Coral é o límite entre Queensland e o Territorio das Illas do Mar do Coral.

O territorio é unha posesión de Australia, administrado desde Camberra polo Departamento do Fiscal Xeral[2] (antes do 29 de novembro de 2007[3] a administración levouse a cabo polo Departamento de Transporte e Servizos rexionais). A defensa é a responsabilidade de Australia, e o territorio é visitado regularmente pola Royal Australian Navy.

Australia mantén estacións meteorolóxicas automáticas en moitas das illas e arrecifes, e reivindica unha zona exclusiva de pesca de 200 millas (370 km.). Non existe ningunha actividade económica (agás unha significativa pero aínda non cuantificada industria de pesca e mergullo), e só un equipo de tres ou catro persoas manteñen a estación meteorolóxica na Illa Willis (Illote Sur), establecida en 1921.[Cómpre referencia] En novembro de 2011 o goberno australiano anunciou que planificouse unha área protexida de 989.842 km² no Mar do Coral.[4]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Hai ao redor de 30 arrecifes e atois distintos, doce están totalmente mergullados ou que se secan só durante a marea baixa, e outros 18 cun total de ao redor de 51 illotes e caios (18 só no atol Lihou), algúns dos cales teñen vexetación. Os atois presentan unha ampla gama de tamaños, desde uns poucos quilómetros de diámetro ao que talvez é o segundo atol máis grande do mundo por superficie total (incluíndo a lagoa): Lihou Reef, cunha lagoa de tamaño de 100 x 30 km e unha superficie de 2.500 km², que se comparan cunha superficie combinada dos 18 illotes individuais de soamente 0,91 km². As illas son todas moi baixas.

Os illotes Willis son importantes zonas de anidación de aves e tartarugas, pero teñen recursos naturais insignificantes. Eles comprenden menos de 3 km² de terra. Non hai ningún porto ou embarcadoiro, unicamente un ancoradoiro en mar a fóra.

A maioría dos atois divídense en dous grupos, mentres que Mellish Reef cara ao leste, e Middleton Reef e Elizabeth Reef ao sur agrúpanse por separado:

Grupo Noroeste

[editar | editar a fonte]
  1. Arrecife Osprey (atol mergullado máis ou menos de forma oval, mide 25 por 12 km, que abarca ao redor de 195 km², coa lagoa ata 30 m de profundidade)
  2. Arrecife Shark (pequeno arrecife mergullado alargado de 15 km ao sur de Osprey, cunha profundidade mínima de 7´8 m)
  3. Arrecife Bougainville (pequeno atol mergullado, 2´5 por 4 km, cunha área de 8 km² coa lagoa, sécase á metade da marea)
  4. Arrecife East Holmes (atol mergullado, con 14x10 km, área 125 km² coa lagoa)
  5. Arrecife West Holmes (atol mergullado a 6 km ao leste do areecife East Holmes, 18x7 km, área 125 km² coa lagoa que esta aberta no lado oeste, dous pequenos caios)
  6. Arrecife Flora (pequeno atol mergullado, 5 x 4 km, 12 km²)
  7. Diane Bank (atol afundido, profundidades de menos de 10 m nunha área de 65 x 25 km, ou 1.300 km², ao longo do bordo norte 3 m de profundidade, co Sand Cay no noroeste, 3 m de altura)
  8. Arrecife North Moore (pequeno atol mergullado, 4 x 3 km, área 8 km² incluíndo a lagoa que esta aberto no lado noroeste)
  9. Arrecife South Moore (pequeno arrecife mergullado 5 km ao sur do arrecife North Moore)
  10. Illa Willis (atol afundido, 45 x 19 km, área máis de 500 km², 3 illotes no lado noroeste: North Cay, Mid Islet sobre 8 m de altura, South Islet ou Illa Willis 10 m de altura)
  11. Caios Magdelaine & Illotes Coringa (un grande atol, coa estrutura parcialmente afundida, sobre 90 x 30 km, área sobre 1.500 km²), 2 illotes dos Caios Magdelaine no norte: Illote North West (área aproximada 0´2 km²) e caio South East (área 0´37 km²); 2 illotes dos illotes Coringa 50 x 60 km máis ao suroeste: Illa Southwest ou Illa Coringa (área 0´173 km²), e Illote Chilcott (área 0´163 km²)
  12. Caios Herald Cays, Caio Nordés (rodeada por un arrecife de 3 x 3 quilómetros, superficie total de 6 km², superficie 0´34 km²)
  13. Caios Herald, Caio Suroeste (4 km ao Suroeste do Caio Nordés, rodeada por un arrecife de 2 x 2 km, área total de 3 km², superficie 0´188 km²)
  14. Arrecife e Caios Lihou (o maior atol do mar de coral, cun tamaño de 2500 km², superficie terrestre 0´91 km²)
  15. Illotes Diamond e arrecifes Tregosse (grande, atol parcialmente afundido, 100 x 52 km, área de máis de 3000 km², con 4 illotes e 2 pequenos arrecifes mergullados no nordés e o sueste: Illote West Diamond, Illote central Diamond, Illote East Diamond no bordo do nordés do antigo atol, e o Illote South Diamond Islet, Arrecife East Tregosse e Arrecife West Tregosse no bordo do Sur)
  16. Arrecife North Flinders (gran atol, 34 x 23 km, área 600 km², con 2 illotes, Caio Flinders un dos máis grandes cunha lonxitude de 200 metros e unha altura de 3 m)
  17. Arrecife South Flinders (atol, 15 x 5 km, 60 km²)
  18. Herald's Surprise (pequeno arrecife mergullado ao norte dos Arrecifes Flinders, 3 x 2 km)
  19. Arrecife Dart (pequeno arrecife mergullado ao noroeste dos Arrecifes Flinders, 3 x 3 km, zona 6 km² incluíndo a pequena lagoa que está aberto ao Norte)
  20. Arrecife Malay (pequeno arrecife mergullado, non está claramente definido, non hai ondas grandes, difícil de ver)
  21. Arrecife Abington (arrecife mergullado, case a flor de auga, 4 x 2,5 km, área 7 km²)
  22. Arrecife Marion (gran atol de formación circular que se compón de tres unidades principais situadas no lado oriental: Marion, Long e Wansfell, e unha serie de arrecifes máis pequenos no oeste A formación séntase encima dunha rareza submarina coñecida como a Meseta Marion que está separada da máois grande meseta do Mar de Coral ao norte polo Townsville Trough. Tres pequenos caios de area atópanse no lado oriental do arrecife Marion: Caio Paget, en Long Reef, Caio Carola, ao sur de Long Reef, e Caio Brodie, no Arrecife Wansfell.

Os atois do Grupo Noroeste, agás o arrecife Osprey e o arrecife Shark no norte, e o arrecife Marion, no sur, atópanse na Meseta do Mar de Coral (Meseta Queensland), unha zona contigua de profundidades de menos de 1000 metros.

  • Arrecifes Flinders (Norte e Sur), Herald's Surprise e arrecife Dart forman un conxunto de arrecifes de 66 x 26 km.
  • Caios Magdelaine, Illotes Coringa e Caios Herald forman parte dos 8856 km² da Reserva Natural Nacional Coringa-Herald, creada o 16 de agosto de 1982 e situado a uns 400 km ao leste de Cairns e 220 á 320 km desde o bordo exterior da Gran Barreira de Coral. Os 6 illotes da reserva natural teñen áreas de 0´16 a 0´37 km², para un total de 1´24 km².
  • Arrecife Lihou foi declarada Reserva Natural o 16 de agosto de 1982, cunha superficie de 8440 km².

As reservas naturais foron creadas para protexer a vida silvestre nas áreas respectivas do territorio; xuntos forman a Reservas do Mar do Coral Sitio Ramsar.

Arrecife Mellish

[editar | editar a fonte]
  1. Arrecife Mellish, aproximadamente 300 km ao leste do Grupo Noroeste, polo tanto o máis distante do continente australiano de todos os arrecifes e atois do Territorio das Illas do Mar do Coral, non se considera parte de calquera grupo. Ten o contorno dunha plataforma con forma de bumerán ao redor de 10 km de lonxitude e 3 km de diámetro, área de 25 km². Os arrecifes rodean e encerran a estreita lagoa, quedan completamente mergullados coa marea alta. Cerca do centro da lagoa atópase a única terra permanente do arrecife, o illote Heralds-Beacon. A illa é un pequeno caio de 600 m por 120 m, área de 57.000 m², só se eleva algúns metros por encima da liña da marea alta.[5]

Grupo sueste

[editar | editar a fonte]
  1. Arrecifes Frederick: Os arrecifes forman unha lagoa semi-pechada, coñecida como Anchorage Sound, cunha abertura no lado norte. As medidas do complexo son de 10 x 4 km, cunha superficie de 30 km². No lado sur do arrecife atópase o Observatory Cay (Caio Observatorio), a única terra seca permanente, aínda que hai algúns outros caios que poden ser inundados coa marea alta.
  2. Arrecifes Kenn, atol mergullado de aproximadamente 15 x 8 km, área de 40 km², illote Observatory Cay no sueste, 2 m de altura
  3. Arrecifes Saumarez, os arrecifes situados máis ao sur na plataforma do Mar de Coral; tres arrecifes principais e numerosos arrecifes máis pequenos que forman unha gran formación en forma de media lúa aberta cara ao noroeste, preto de 27 x 14 km, área de menos de 300 km². Hai dous caios de area: North East Cay e South West Cay.
  4. Arrecifes Wreck: atol de 25 x 5 km, área 75 km² , aberto ao Norte. os illotes que se atopan nos arrecifes inclúen Bird Islet, West Islet e Porpoise Cay.
  5. Arrecife Cato: Cato de 21 x 13 km, área de 200 km² de profundidades menores de 17 m; o arrecife Cato rodea unha área de 3´3 x 1´8 km, área 5 km² incluíndo a lagoa; Illa de Cato, no oeste da lagoa, 650 por 300 metros, área de 0´15 km², 6 m de altura. Preto da esquina sueste do banco Cato é Hutchison Rock, con 1 m de profundidade.

Extremo Sur

[editar | editar a fonte]

Os arrecifes Elizabeth e Middleton, xunto cos arrecifes ao redor de Illa Lord Howe (Nova Gales do Sur) 150 km ao sur, son considerados como os arrecifes de coral máis austrais do mundo. A súa situación, onde atópanse as correntes oceánicas tropicais e templadas, contribúe a un conxunto extraordinariamente diverso de especies mariñas. Estes atois maiormente mergullados que se secan só durante a marea baixa engadíronse ao territorio en 1989. Están situados na Lord Howe Rise no Mar de Tasmania, que se une ao Mar do Coral no sur. Xa o 23 de decembro de 1987, estaban protexidos como a Elizabeth and Middleton Reefs Marine National Park Reserve, que ten unha superficie de 1880 km².

  1. Arrecife Middleton, atol de aproximadamente 8´9 x 6´3 km, área 37 km² incluíndo a lagoa, un illote: The Sound, 100 por 70 ms (área de 5.000 m²), o punto máis alto preto da parte norte ten 1´5 ms. En marea baixa gran parte da superficie plana do arrecife queda exposta.
  2. Arrecife Elizabeth, atol de aproximadamente 8´2 x 5´5 km, área 51 km² incluíndo a lagoa, un illote: illa Elizabeth (caio Elizabeth), sen vexetación, 600 m. x 400 m. (área de 0´2 km²), o punto máis alto de 0´8 m. En marea baixa gran parte da superficie plana do arrecife queda exposta.

Descrición xeral de illotes e caios

[editar | editar a fonte]
Complexo Tipo Illotes/caios
Arrecife West Holmes atol 2
Diane Bank atol (maiormente afundido) Diane Bank Cay
Grupo Willis atol (parcialmente afundido) South Islet (Willis Island), Mid Islet, North Cay
Caios Magdelaine e Illotes Coringa atol (parcialmente afundido) Northwest Islet, Southeast Cay, Southwest, Illotes Chilcott
Caios Herald (Norte) arrecife Northwest Cay
Caios Herald (Sur) arrecife Southeast Cay
Caios e arrecife Lihou atol 18
Illas Diamond e Arrecife Tregosse atol (parcialmente afundido) 4
Arrecifes Flinders (Norte) atol Flinders, Main, Victoria Cays
Arrecife Marion atol Paget, Carola, Brodie Cays
Arrecife Mellish atol Heralds-Beacon Islet
Arrecifes Frederick atol Observatory Cay
Arrecife Kenn atol Observatory Cay
Arrecife Saumarez atol Northeast, Southwest Cays
Arrecife Wreck atol Bird, West Islets, Porpoise Cay
Arrecife Cato atol Cato Island
Arrecife Middleton atol 1
Arrecife Elizabeth atol 1
Número total de illotes/caios 51
Referencias
  1. 1,0 1,1 Geoscience Australia. Coral Sea Islands Arquivado 21 de agosto de 2006 en Wayback Machine.
  2. First Assistant Secretary, Territories Division (2008-01-30). "Territories of Australia". Attorney-General's Department. Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2008. Consultado o 2008-02-07. The Federal Government, through the Attorney-General's Department administers Ashmore and Cartier Islands, Christmas Island, the Cocos (Keeling) Islands, the Coral Sea Islands, Jervis Bay, and Norfolk Island as Territories. 
  3. Department of Infrastructure, Transport, Regional Development and Local Government. "Territories of Australia". Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2007. Consultado o 2008-02-07. As part of the Machinery of Government Changes following the Federal Election on 29 November 2007, administrative responsibility for Territories has been transferred to the Attorney General's Department. 
  4. "Australia plans huge marine reserve in Coral Sea". BBC News. 25 de novembro de 2011. Consultado o 25 de novembro de 2011. 
  5. "Oceandots.com". Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2010. Consultado o 26 de maio de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]